Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu periódico digital

Pon as zapatillas, o chip e sae a correr pola cidade

Posted by Redacción on Mar 9th, 2010 y archivado abajo Deportes, Destacados, Portada, Vigo. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no está actualmente permitido.

Circuíto-carreiras-popularesVigo retoma a súa liga pedestre coa segunda edición do Circuito de Carreiras Populares Cidade de Vigo, que chega con 7 carreiras, 9.200 euros en premios e a intención de perdurar no tempo xa que “cada vez hai máis xente que se pon unhas zapatillas e sae a correr”, como asegurou Xabier Alonso, concelleiro de Deportes.

Nesta edición todos os participantes levarán un chip co que se poderá controlar mellor os seus tempos e que se alugará por 3 euros durante todo o ano. Ademáis, os máis fieles terán recompensa: haberá un diploma para quen corra cinco das 7 carreiras, aínda que este ao elimínase a obrigatoriedade de correr un mínimo de probas para optar á clasificación xeral final e aos premios autonómicos.

Os interesados xa poden inscribirse ata o vindeiro 17 de xuño na web de Championchip, encargada de xestionar o circuíto, ou na Fundación Vide de xeito presencial. O circuíto de Carreiras Populares Cidade de Vigo 2010 sumará as dúas medias maratóns da tempada, a XI Vig-Bay e o II Medio Maratón Cidade de Vigo. Comenzará o 21 de marzo coa carreira 10 km. Cidade Universitaria, que discorre polo campus de Lagoas-Marcosende, e rematará o vindeiro 19 de decembro coa tradicional Carreira do Pavo ou o Gran Premio Pedestre Internacional na Alameda.

  • del.icio.us
  • Facebook
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Twitter
  • Chuza

Deja una respuesta