Galicia

Feijóo rinde cuentas al Papa

papabenedictoO presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, será recibido hoxe en audiencia pola Súa Santidade o Papa, Benedicto XVI, a quen lle trasladará a importancia que para Galicia ten o Ano Santo e o Xacobeo 2010.

O encontro entre o mandatario autonómico e Benedicto XVI terá lugar ás  11,45 horas no Vaticano. Durante a visita, o presidente galego transmitiralle á Súa Santidade o cariño e o afecto que o pobo galego sente por este Ano Santo e tamén o entusiasmo co que a comunidade galega recibirá aos milleiros de peregrinos que cheguen a Compostela tras realizar o Camiño de Santiago.

Núñez Feijóo resaltará  o papel de Galicia como capital espiritual da unidade europea neste 2010 e explicaralle a Benedicto XVI o labor que está a realizar a Xunta de Galicia na promoción e difusión deste gran evento espiritual e cultural.

También te puede interesar