Xynthia deixou incidencias en 2 de cada 3 concellos de Galicia | Vigo al minuto
vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Xynthia deixou incidencias en 2 de cada 3 concellos de Galicia

Posted by on Feb 28th, 2010 y archivado abajo Destacados, Portada. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

marO conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, fixo balance do paso do temporal Xynthia por Galicia e agradeceu especialmente a colaboración da poboación, xa que o feito de que a xente extremase as precaucións contribuíu a que os danos e incidencias causados polo temporal fosen menores.

“Se a xente non seguira as medidas de precaución, os danos serían moito maiores”, subliñou Rueda, que recordou que os refachos de vento foron de case 200 quilómetros por hora e agradeceu o traballo desenvolvido por todos os participantes no operativo, como os voluntarios de Protección Civil, as brigadas de Medio Rural, os bombeiros, os técnicos do 112 e o persoal de Deputacións e Concellos, entre outros.

Rueda compareceu hoxe na sede do Centro de Atención ás Emerxencias- 112 Galicia acompañado polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e polo director de Meteogalicia, Vicente Pérez Muñuzuri, quen explicou que o temporal seguiu nun principio os modelos previstos e entrou con intensidade polo sur de Galicia, con ventos de case 200 quilómetros por hora, aínda que despois perdeu forza na súa evolución.

O titular de Presidencia explicou que a Central de Atención ás Emerxencias rexistrou no día de onte case un milleiro de incidencias relacionadas co temporal en máis de 200 concellos de Galicia, polo que afectou a dous de cada tres municipios. Case a metade delas correspondéronse con caídas de árbores.

Incidencias

A incidencia máis grave tivo lugar en Vilar de Barrio, onde unha muller faleceu tras a caída do muro dunha nave. Ademais, un home resultou ferido leve en Vilamartín de Valdeorras tras caerlle unha árbore no seu vehículo, e outro home está en observación nun hospital de Vigo tras caer dun andamio.

En canto ás estradas, a situación está normalizada en toda a rede autonómica, salvo en tres casos puntuais de Ourense onde hai algún problema: nas estradas que van entre Pobra de Trives e A Rúa; na que une Ourense con Castrocaldelas e Pobra de Trives; e na que vai da Gudiña á Rúa.

Respecto ao subministro eléctrico, nos peores momentos do temporal chegou a haber máis de 30.000 persoas sen servizo, aínda que se foron solucionando con prontitude e nestes momentos só quedan unhas 2.500 persoas sen subministro en toda Galicia, localizadas no interior das provincias de Lugo e Ourense. En todos os casos trabállase para solventar os problemas e está previsto que se solucionen definitivamente ao longo de hoxe. En canto ás telecomunicacións, os maiores problemas están agora mesmo en Manzaneda, onde se traballa para restablecer as comunicacións telefónicas.

Sobre a situación dos encoros, neste momento hai normalidade, aínda que seguen a niveis altos, non só polas chuvias de onte senón polas acumuladas de pasados días. Así, ata doce encoros están en observación. Sobre os anegamentos, a zona máis afectada é a de Verín, aínda que tamén houbo problemas en Ponteceso e Viveiro.


Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad

Publicidad de V al minuto

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM