O balance realizado dende a Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra tras o paso do temporal Xynthia recolle danos graves en tres centros educativos da provincia asà como en pontes e muÃños, ademais de numerosas caÃdas de árbores, anegamentos e problemas en certos puntos da rede eléctrica.
Os ventos de 98 quilómetros por hora na parroquia de Nantes causaron graves danos na cuberta do CEIP situado neste punto do concello de Sanxenxo, que chegou a perder todo o tellado. Tamén resultaron danados o IES de Tomiño, que perdeu parte da cuberta do edificio principal que cae sobre o ximnasio do centro e o CEIP Infante Felipe de Salvaterra do Miño, onde tamén a cuberta viuse afectada.
Por outra banda, no concello de Cerdedo rexistráronse fortes crecidas no rÃo Castro que levaron consigo graves danos en cinco pontóns medievais situados na parroquia de Folgoso. Ademais, tamén se viron afectados varios muÃños de particulares, algúns dos cales perderon boa parte da súa estrutura empuxada polas augas.
No concello de Arbo viuse afectada unha vivenda sobre a que caeu o tellado dun galpón e na localidade de Combarro, en Poio, tamén se produciron anegamentos.
En relación as estradas, os equipos de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas traballaron durante todo o dÃa para retirar a case trintena de árbores que caeron sobre as calzadas. Varios carteis e vallas publicitarias tiveron tamén que ser retiradas ao ocupar parte das estradas. Por outra banda, tamén foi necesario que se limparan sumideiros que provocaron bolsas de auga sobre as vÃas de concellos coma Pontevedra e desprendementos que ocuparon un carril en unha estrada de Vila de Cruces. A pesar de todo o anterior, non foi necesario cortar o tráfico en ningunha vÃa.
En canto aos problemas no subministro eléctrico, ás cinco da tarde de onte contabilizábanse 18.880 usuarios afectados. Tres hora máis tarde, tras os traballos de emerxencia executados, a cifra descendÃa ata os 8.600, recuperando no dÃa hoxe a normalidade practicamente en toda a provincia.
As zonas máis afectadas pola caÃda de árbores, postes e cortes de luz foi O Rosal, Salvaterra, Tomiño e Gondomar. De feito, en relación aos danos persoais, un veciño de Tomiño resultaba ferido tras caer dun andamio mentres trataba de arranxar a caÃda dunhas tellas. O home foi trasladado ao Hospital Meixoeiro de Vigo onde quedou en observación.
No Baixo Miño, a apertura das comportas do encoro de Belesar e a subida da pleamar a última hora de onte mantivo en alerta aos concellos de O Rosal, Salvaterra do Miño, Arbo, Tomiño e Tui.



