vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Galicia rexistra en xaneiro un repunte dos accidentes laborais leves e unha diminución dos mortais

Posted by on Feb 28th, 2010 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

traballadores se arnes nun tellado.

traballadores se arnes nun tellado.

Galicia rexistrou no mes de xaneiro un total de 2.966 accidentes con baixa en xornada laboral, dos que a meirande parte, un total de 2.920 foron sinistros leves, que incrementaron o seu número respecto ao mesmo mes do pasado ano nun 20,56% ao pasar dos 2.422 de 2009 aos 2.920 de xaneiro de 2010.

Mentres, os accidentes mortais en xornada laboral en xaneiro diminuíron un 68,54% en relación co mesmo mes do ano anterior, ao pasar de trece (13) a cinco (5). En Pontevedra non se produciu ningún, un en Lugo, e dous nas provincias de A Coruña e Ourense.

Diferenciando por sectores, o que presentou o maior aumento foi o da pesca onde a  suba dos 84 accidentes de 2009 aos 117 de xaneiro de 2010 supón un 39,29%, seguido da construción cun 27,45% de incremento, pasando de 459 a 585 os accidentes producidos neste sector en xaneiro. Pola contra, produciuse unha diminución dun 9,62% na agricultura, que baixou de 104 accidentes en xaneiro de 2009 a 94 neste ano.

Agás na agricultura que tivo un lixeiro descenso do 0,38%, todos os sectores experimentaron un aumento no índice de incidencia;  o maior corresponde á construcción, cun incremento do 44,89%, seguida da pesca cunha variación do 43,08%.

Accidentes graves e mortais

Os accidentes graves subiron un 10,81%, pasando de 37 en xaneiro do ano pasado a 41 neste ano. Por provincias, na Coruña experimentaron un descenso do 13,64%, ao contabilizarse 19 neste xaneiro fronte aos 22 do do ano pasado. Tamén en Lugo se deu unha diminución do 25% ao baixar de 4 a 3. Pola contra, en Ourense, ao pasar de 2 a 4 os accidentes graves, o incremento foi do 100%, e en Pontevedra, a suba de 9 en xaneiro de 2009 a 15 accidentes graves en xaneiro de 2010 supón un aumento do 66,66%.

Neste mes non se contabilizou ningún accidente mortal in itínere, e decir, no camiño de ida ou volta entre o domicilio e o traballo.

A análise das causas dos sinistros mortais en xornada laboral reflicte que dos cinco producidos, dous (40%) foron por “golpe sobre ou contra un obxecto inmóbil resultado dunha caída do traballador”; un por “golpe resultado dun tropezo sobre ou contra un obxecto inmóvil” (20%); un por “choque ou golpe contra un obxecto ou fragmentos proxectados” (20%), e outro por “colisión cun obxecto, veículo ou persoa-traballador en movemento” (20%).

O Issga ten activado un plan de actuación para o 2010 a través do que se actuará prioritariamente en empresas que concentren maiores índices de sinistralidade no seu sector económico. Ademais está a traballar na posta en marcha de plans específicos en sectores de alto risco como a construción e a pesca.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM