Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A Xunta insta ao goberno a que envíe a súa proposta sobre a lei de caixas

Posted by Nola Rice on Feb 28th, 2010 y archivado abajo Destacados, Portada, Vigo. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

caixanova3A Xunta insistiu en pedir ao Goberno central que cumpra o seu compromiso de enviar unha proposta sobre os puntos da lei de caixas galega sobre os que aínda non existe acordo para poder seguir negociando co obxectivo de desbloquear a normativa galega o antes posible.

A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, instou ao secretario de Cooperación Territorial, Gaspar Zarrías, a que “deixe de enxuizar a política e a conduta dos galegos” e a que “remita dunha vez por todas a proposta de redacción” sobre a lei de caixas. “Temos que arranxar esta situación dunha vez”, reiterou.

O Executivo central comprometeuse a enviar unha proposta sobre os puntos aínda en cuestión o pasado xoves, logo da suspensión unilateral por parte do Estado da reunión convocada ese día para continuar negociando.

A intención do Executivo autonómico é a de seguir coas conversas, pois se estaba avanzando nas mesmas, para chegar a un acordo co Estado “e acabar con esta situación provocada polo Goberno e que este retire o recurso de inconstitucionalidade sobre a lei de caixas e Galicia estea en condicións de seguir tendo presenza no futuro mapa financeiro”.

A Xunta de Galicia reitera esta vontade de negociar, pero sen admitir deslealdades ou adiamentos inxustificados, así como formulacións políticas que non teñan base no ordenamento xurídico.

  • del.icio.us
  • Facebook
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Twitter
  • Chuza

Deja una respuesta