Cultura Galicia

Os confíns do galego ou como o portugués busca o seu camiño cara o castelán

Do matrimonio do castelán e o portugués sae un fillo fermosísimo e moi san: o galego. Así o demostra o documental ‘Entre linguas’, dirixido e feito por un equipo integramente galego que trata de ser un extenso estudio filolóxico que amosa como en cinco zonas fronteirizas de España e Portugal ambos idiomas se entrelazan e dan como resultado dialectos usados hoxe en día pola población local e moi similares ao galego actual.

Distribuido por Amén Cinema, o documental descubre pouco a pouco como o contacto das falas co español é o causante de que a lingua nativa nalgún territorios, incluso en concellos enteiros, quede absorbida. Idea do colectivo Glu-Glu (Galego Lingua Útil-Galego Lingua Universal), o documental é o seu primeiro traballo, aínda que xa teñen en mente visitar a fronteira de Uruguai con Brasil para verificar se o proceso de contacto ofrece os mesmos resultados alí.

O galego do que nada sabiamos

Hai dúas décadas foi moi sonado en Galicia o ‘galego de Cáceres‘, un caso que se reproduce en outros catro territorios ao longo da fronteira de Portugal, desde Zamora ata Badaxoz, onde a pesar de ser territorio español por vicisitudes históricas conservan unha fala moi similar ao galego. No documental, os veciños destas zonas, case sempre pequenas vilas, contan como ven esta peculiaridade e conversan sobre os motivos para continuar falando e cantando nun idioma que non é de nin teu nin meu.

Respalda esta idea o feito de que en 16 escolas públicas, centros rurais e institutos na zona limítrofe de Castela e León o galego goza dun réxime de protección propio, aínda que tamén se imparte como asignatura noutros dez centros do resto de España e outros 20 espallados polo resto do mundo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.