Sábado, 19:30 horas. O Centro Social Caixanova de Vigo foi o esceario elexido pola gran familia do taekwondo para festexar un ano de éxitos cunha gala de entrega de premios no que se fará balance dun ano moi positivo para este deporte en Galicia no aspecto deportivo.
Como proba, os resultados: a selección galega absoluta é a vixente campioa de España por equipos e da Copa do Rei; a selección galega sub 21 acadou o tÃtulo de campioa de España por equipos e a selección galega de exhibición é a vixente campioa de España tanto na categorÃa infantil como en adultos. E iso non é todo: o taekwondo galego tivo representantes no podio en todas as competicións internacionais oficiais celebradas durante o ano 2009 (Universiada, Campionato do Mundo, Campionato de Europa sub 21…) e no que se organizaron 3 campionatos de España e un de Europa.
Todos son benvidos
Na gala non haberá esquecidos: repartiranse premios para clubs, deportistas, xuÃces, entidades privadas, administracións… asà como mencións honorÃficas a persoas ou entidades que traballaron a prol deste deporte ao longo de 2009. Entre os premiados, atópase EstefanÃa Hernández como mellor deportista feminina de combate, xa que este ano se proclamou campioa galega e de España, campioa de España universitaria e campioa da Universiada en Belgrado, para pechar a tempada cun bronce no Mundial de Copenhague. Na categorÃa masculina, o mellor deportista de combate é Raúl Bouzas, campión galego e de España sub 21, subcampión de España absoluto e campión de Europa sub 21. En técnica, os premiados son David Meilán e Nerea Alamancos, e na categorÃa promesa os deportistas homenaxeados son Óscar Peón e Sandra Bouzas.
O Natural Sport de Ribeira foi elixido mellor club de Galicia por méritos propios: gañou o campionato de España de clubs, conta nas súas filas con grandes deportistas que están acadando magnÃficos resultados a nivel estatal, europeo e mundial, pola organización de grandes eventos…
José Loren foi elexido polo xurado como o mellor técnico deportivo pola labor desenvolvida a prol do taekwondo galego na formación de deportistas, xuÃces e árbitros. Mentres, Esperanza Meilán é considerada a mellor xuÃza de técnica e Francisco Agrelo o mellor árbitro de combate. AÃnda que son moitas as categorÃas revisadas e moitos os premiados.



