Destacados Vigo al minuto

Case 1.000 pernoctacións no centro de emerxencia nun mes

A concelleira de Benestar Social, María Méndez.
A concelleira de Benestar Social, María Méndez.

O dispositivo de emerxencia disposto por Benestar para pasar o crudo inverno está xa ao máximo da súa capacidade. Dende a súa posta en marcha en decembro no pavillón do Berbés ata o 31 de xaneiro xa pasaron por alí 104 persoas distintas que realizaron un total de 972 pernoctacións.

O dispositivo conta con 30 prazas, que poden ser ampliadas ata 35 dependendo das necesidades, como acontece nos últimos días. Hai habilitadas dúas estancias do polideportivo que fan de dormitorio e existen servizos hixiénicos con duchas nas que se facilitan toallas e xel de baño diariamente e todos os usuarios. O horario é de 22 a 8 horas, a recepción é de 22 a 23 horas e o servizo de duchas de 23 a 24 horas.

Ademáis dun auxiliar de seguridade que atende as instalacións durante todo o horario de apertura, un mediador atende de 22 a 01 horas a recepción e facilita café ou chocolate. O 90,3 por cento de los usuarios son homes que realizaron un total de 886 pernoctaciones, frente a las 86 de las 10 mujeres que acuden a este servicio.

A maior parte dos usuarios do dispositivo de emerxencia son transeúntes, é dicir, non se trata dunha poboación estable, senón que ten unha alta mobilidade e o 69% non dispón de expediente na Concellería de Benestar  Social e o 83 por cento nin sequera acudíu a este dispositivo o ano pasado.

Novo albergue

Mentres, o Concello de Vigo segue a buscar terreos para o albergue, xa que a Xunta descartou o uso do edificio da ‘Gota de Leite’ para isto. Dende Benestar piden unha maior implicación da Xunta, xa que a maioría dos usuarios son xente de paso pola cidade e os concellos non poden asumir sós o coste do albergue.

Nos presupostos municipais aprobados onte non aparece unha partida específica para este equipamento, aínda que sempre poderían incluirse nas partidas xenéricas de Benestar.

También te puede interesar