Cultura

De feito, hay 3.000 parellas

parejaDous anos despois da entrada en funcionamento do Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, xa son 3.045 as parellas inscritas neste ente adscrito á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Segundo os datos ofrecidos polas catro delegacións territoriais da Consellería de Presidencia, desde que este servizo comezou a funcionar, o 28 de xaneiro de 2008, o maior número de inscritos deuse na provincia da Coruña, con 1.301 inscritos; seguida de Pontevedra (1.130), Ourense (391) e Lugo (233). A inscrición das parellas é totalmente gratuíta, voluntaria e ten carácter constitutivo.

O decreto polo que se crea e regula o Rexistro considera parellas de feito “as unións de dúas persoas maiores de idade, capaces e que convivan coa vocación de permanencia nunha relación de afectividade análoga á conxugal e que a inscriban no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, expresando a súa vontade de equiparar os seus afectos aos do matrimonio, tal e como se establece na Lei de Dereito Civil de Galicia.

Desta maneira, a constitución da parella de feito só se entenderá efectuada a partir da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia e os rexistros municipais deben comunicarlle as inscricións, as cancelacións e as modificacións, previo consentimento dos integrantes da parella.

 

Requisitos para a inscrición

Para inscribirse como parella de feito é necesario realizar a solicitude e presentar, nese intre, a documentación acreditativa do cumprimento dos seguintes requisitos: ser maior de idade, non ter relación de parentesco por consanguinidade ou adopción nin en liña recta nin colateralmente ata o terceiro grao, manifestar a vontade de constitución de parella de feito, non estar ligados por matrimonio nin formar parella de feito formalizada con outra persoa, non estar incapacitados xudicialmente para rexer a súa persoa, que un dos membros da parella teña a veciñanza civil galega e acreditar o empadroamento dos membros no mesmo domicilio dalgún municipio galego.

 

Polo tanto, a solicitude debe ir acompañada pola fotocopia compulsada do DNI ou do documento equivalente –no caso de non ter nacionalidade española- de cada un dos membros da parella de feito, polo certificado de empadroamento dos membros nalgún municipio galego, pola certificación do Rexistro civil ou equivalente sobre o estado civil de cada un e pola fotocopia compulsada do libro de familia nos casos nos que houbese fillos comúns ou dalgún dos membros da parella. Ademais, de ser o caso, hai que presentar a sentenza xudicial de divorcio ou de nulidade ou o certificado literal de matrimonio no que conste algún destes extremos.

 

A inscrición resolverase –practicarase ou denegarase- no prazo de tres meses a partir da data de entrada da mesma no Rexistro. As solicitudes de inscrición, cancelación, incorporación ou modificación de pacto e de certificación que se formulen ante o Rexistro deberán reunir os requisitos xerais do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

 

Cancelación e modificación

A cancelación da inscrición como parella de feito poderá ser solicitada por escrito de forma conxunta ou individualmente. Neste último suposto deberá acreditarse a comunicación fidedigna á outra parte. Unha parella de feito quedará extinguida cando faleza un dos compoñentes ou cando os membros contraian matrimonio.

 

 

También te puede interesar