A Xunta dalle polo ‘PALE’ a 170 profesores | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A Xunta dalle polo ‘PALE’ a 170 profesores

Posted by on Ene 31st, 2010 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

Un total de 170 docentes do sistema educativo galego poderán mellorar as súas competencias en linguas estranxeiras grazas ao Programa de Apoio e Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PALE), que a Consellería de Educación vén de convocar para este ano 2010.

A iniciativa contempla dúas modalidades de formación dirixidas a distintos colectivos do profesorado. Deste xeito, o itinerario ‘PALE A’ ten 125 prazas destinadas a docentes especialistas en inglés que estean a impartir a materia en Infantil ou Primaria; ou ben ao profesorado de Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato ou Formación Profesional que participen nos proxectos de seccións bilingües, en inglés ou en francés.

Os seleccionados para este itinerario terán que superar tres fases para poder acadar o certificado acreditativo final. A primeira delas consistirá nunha formación intensiva dentro de Galicia, en inglés ou francés, co fin de actualizar contidos e aspectos lingüísticos xa adquiridos, e avanzar na adquisición dun nivel de competencia lingüística superior. Unha vez conseguido este obxectivo, os seleccionados gozarán dunha estadía de tres semanas no Reino Unido, Francia, Canadá ou Estados Unidos, ampliando os seus coñecementos a través do sistema de inmersión no país falante da lingua correspondente. Por último, e xa no primeiro trimestre do curso escolar 2010-2011, os docentes completarán o programa formativo coa elaboración de materiais para a sociedade da información, aplicables no seu traballo diario na aula, cos que poidan consolidar os coñecementos adquiridos nas fases anteriores.

Integración en centros estranxeiros

No caso do itinerarios PALE B, está dirixido exclusivamente 45 profesores de Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato ou Formación Profesional que participe nas seccións bilingües en inglés.

Esta modalidade está conformada por unha fase que consiste na inmersión total na vida escolar de centros educativos de Canadá ou Estados Unidos. Deste xeito, e sen obrigas de carácter lectivo, os seleccionados participarán durante catro meses do día a día destes centros, acompañado por outro docente ‘partner’ da súa mesma área. Ao seu regreso, quen gocen deste itinerario deberán superar a elaboración de materiais equivalente, do mesmo modo que se fai na modalidade A.

Financiamento

A Consellería de Educación, en colaboración co Ministerio, financiará o desprazamento ao país estranxeiro correspondente, a docencia, as actividades culturais, a manutención en pensión completa e o aloxamento dos seleccionados. Así mesmo, o profesorado poderá solicitar unha bolsa para cubrir os desprazamentos derivados da asistencia á fase de formación inicial local da modalidade A, en función dos gastos xerados.

Os docentes que cumpran os requisitos e desexen mellorar a súa capacitación lingüística poderá solicitar as bolsas a través do formulario que pode atopar no enlace http://www.edu.xunta.es/pale/, no que tamén están dispoñibles os criterios de baremación e os requisitos para a concesión das axudas.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM