Galicia

Alberto, tes un email

A Mesa pola Normalización vai encetar unha campaña de envíos masivos de correos electrónicos ao presidente da Xunta para pedir o cese dos conselleiros de Cultura e Educación pola súa postura sobre o galego nos eidos cultural e educativo

emailO presidente Feijóo vai ter o correo electrónico ateigado. O presidente da Mesa poloa Normalización Lingüística presentou hoxe a campaña que esta asociación iniciará e na que enviaranlle ao xefe do ejecutivo galego ducias de mails  para demandarlle que cese aos seus conselleiros de Cultura e Educación, Roberto Varela e Jesús Vázquez e pedirlle que troque a política que están a seguir os dous departamentos.

Carlos Callón salientou que o Goberno galego “está quiemado,enguedellado e desacreditado” xa que, segundo dixo, está a seguir “políticas de desartellamento do sector cultural, educativo e lingüístico galego”. A Mesa reclama o fin da actual política cultural e educativa “que son nefastas

Para o presidente da Mesa é “unha vergoña” ter un responsable de Cultura que “descoñece a cultura que ten que defender e xestionare os galegos non se merecen un goberno que “insulta”, en referencia as declaracións de Verela nas que definía á cultura galega coma “ensimismada y acomplejada”.

Callón cre que tamén son intolerables as declaración do propio Feijó oquen dixo esta semán que “os escritores galegos que critican a política cultural non representan a ninguén“, “e logo quén representa a política cultural do país?“, preguntose Callón.

A Mesa amósase contraria a que a Xunta siga adiante cun “decretazo inflexible” que, segundo subliñou, ven de ser rexeitado de xeito unánime pola comunidade educativa “agás dúas entidades encelladas ao Partido Popular”.

También te puede interesar