Expertos en dereito de toda España analizan,dende a semán que ven, na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) a persecución dos actos de piratería nas costas somalís. O obxectivo destas xornadas é avanzar nesta problemática que mantén en vilo á opinión pública, xuristas e administracións públicas, como ten ocorrido recentemente no caso do secuestro do buque “Alakrana”, no que permaneceron recluídos oito mariñeiros galegos durante 48 días.Esta acción común establece que as persoas sospeitosas de cometer actos de pirataría en augas territoriais de Somalia que haxan sido capturadas e detidas para practicarlle dilixencias xudiciais, poderán ser entregadas a un terceiro Estado que desexe exercer a súa xurisdición sobre os detidos; sempre que as condicións da entrega sexan acordadas con este e conformes ao Dereito Internacional aplicable, garantindo que ninguén sexa sometido á pena de morte, tortura, nin ningún acto cruel ou degradante.



