vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O proxecto básico da estación do AVE xa está listo

Posted by on Dic 30th, 2009 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

Reunión do alcalde cos responsables de Adif.

Reunión do alcalde cos responsables de Adif.

O alcalde recibiu do responsable de estacións de ADIF o proxecto básico da futura estación da Alta Velocidade de Urzáiz, que conta cun 40.000 metros cadrados de superficie. A Administración de Infraestruturas Ferroviarias pide tamén licenza ao Concello para despois encargar formalmente o proxecto arquitectónico a Thom Mayne, no que o premio Pritzker xa está a traballar. Os prazos serán “os máis axustados posibles” para dar cabida á Alta Velocidade no ano 2012.

Caballero recordou que, xunto coa estrutura do edificio presentada hoxe por ADIF, a estación de cercanías xa está en proceso de construcción en Guixar -cun investimento de 12 millóns de euros-, e o Ministerio de Fomento construirá en Urzáiz con 75 millóns de euros xa licitados o proxecto ferroviario da estación, é dicir, á entrada á via e as plataformas para os viaxeiros.

A estes 87 millóns de euros do Ministerio sumarase o custo do edificio que erixirá Vialia, unha vez hoxe mércores foi presentado ao alcalde o proxecto básico. Abel Caballero recordou ademais que o custo do túnel de entrada a Urzáiz -que unirá a futura estación con Redondela- ronda os 200 millóns de euros.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM