Vigo al día

Misioneras del Silencio rexeitou as axudas económicas de Tenencia e Benestar

Reunión cos colectivos implicados.
Reunión cos colectivos implicados.

Cáritas, Banco de Alimentos, Afán, Comedor Social Vida Digna, Comedor de la Esperanza, Hermanos Misioneros, La Sal de la Tierra, San Vicente de Paul, Damas de San Caetano, Siervas de Jesús e Remar son ás entidades que se repartirán os fondos. O tenente de alcalde sinalou que de todos os colectivos aos que se chamou só un rexeitou a axuda, concretamente foi o pai Carlos que rexenta ás Misioneras del Silencio. “É paradóxico que unha asociación rexeite nestes tempos unha axuda e se lle dean 200.000 euros para un albergue que non está dando resposta ás necesidades”, sinalou.

Os 378.000 euros que van recibir corresponden aos fondos que non se executaron do programa de axuda as familias para incentivar o consumo no pequeno e mediano comercio da cidade. O tenente de alcalde explicou que por tratarse da primeira vez que se concendían estas axudas non se chegou ao tope de 1.000 familias, polo que a proposta de Benestar Social decidiuse distribuír a partida entre as entidades sociais que contan con comedores sociais ou reparten alimentos.

 

O nacionalista indicou que todos os colectivos amosaron a súa satisfacción pola axuda recibida, xa que nos últimos tempos teñen incrementado considerablemente o número de solicitudes de axuda. A concelleira de Benestar dixo que nun caso concreto esta aportación permitirá manter aberto en xaneiro e febreiro unha das entidades que iba pechar por falta de recursos.

María Méndez salientou a importancia de destinar estas axudas aos colectivos que traballan coas familias e sectores máis desfavorecidos, xa que a administración non sempre pode chegar a todo o mundo que o precisa.

Pola súa parte, o tenente de alcalde lembrou que o ano que vén porase a disposición das familias e do pequeno e mediano comercio outros 1.200.000 euros para facer fronte á crise. “A aposta de todas as áreas que eu coordino é e vai seguir sendo traballar para a xente e axudar a superar a crise económica”, afirmou.

Dispositivo de frío
A concelleria de Benestar explicou, a preguntas dos xornalistas, que o dispositivo de frío de pavillón do Berbés vai seguir funcionando mentras sexa necesario e rexeitou que poidan existir problemas cando se reanude a actividade do pavillón o 7 de xaneiro. “Vai seguir funcionando como está agora, co mesmo horario, e incluso imos ofrecer máis servizos, xa que imos ter un servizo de calor-café”, indicou.

A nacionalista valorou moi positivamente o funcionamento do dispositivo, que nalgúns días xa superou as 20 persoas, e afirmou que nel teñen cabida todas as persoas que o precisan. “Hai que abrilo a todo o mundo, independentemente das súas características. Non podemos pretender que teñan determinados hábitos, cando están precisamente na rúa por perder eses hábitos”, explicou . María Méndez avanzou que agardan que a demanda se incremente cando remate o Nadal, xa que nestas datas algunhas das persoas que viven na rúa voltan aos seus lugares de orixe.

También te puede interesar