Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Medio Rural prepara a ampliación do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia

Posted by on Dic 20th, 2009 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, está preparando a ampliación do Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, tras estudar e analizar as solicitudes recibidas por parte de diversos organismos.

 Ata o momento, recibíronse na Dirección Xeral un total de 433 novas solicitudes de catalogación, que o Comité das Árbores Senlleiras avalía a partir dos criterios de selección que se teñen establecido desde o ano 2007. Deste conxunto de solicitudes, aproximadamente 60 foron valoradas de xeito unánime polo Comité das árbores senlleiras na súas diferentes reunións, mentres que outras poderían ser aceptadas unha vez se amplíe a información dispoñible con datos históricos e culturais sobre os exemplares e formacións propostos. Destas propostas positivas, 7 corresponden á provincia da Coruña, 16 á de Lugo, 19 á de Ourense e 23 á de Pontevedra.

Polo de agora só se estudaron as propostas de catalogación de árbores e formacións recibidas a instancia de parte, fundamentalmente realizadas por propietarios particulares, por asociacións e por concellos, polo que os exemplares e formacións para os que se solicita catalogación presentan en moitas ocasións un interese exclusivamente local. O feito de que non se inclúan neste Catálogo só indica que estes elementos non posúen características que os fagan representativos ou singulares no ámbito autonómico.

 Propostas non aptas

Os exemplares e formacións non incluídos finalmente no Catálogo poderán ser protexidos mediante instrumentos de carácter local (catálogos municipais de árbores senlleiras, plans de ordenamento municipal) ou a través doutras figuras de protección da natureza (Espazo Natural de Interese Local, Espazo Privado de Interese Natural). Neste sentido cómpre lembrar que, por exemplo, recentemente foi declarado espazo privado de interese natural as Sobreiras do Faro, a petición da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Viladesuso (concello de Oia, Pontevedra).

 Catálogo Galego de árbores senlleiras

Esta publicación é un rexistro público de carácter administrativo dependente da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, no cal se inclúen todas aquelas árbores e formacións excepcionais merecentes de protección en atención ás excepcionais características do seu porte, proporcións, idade, rareza, significación histórica ou cultural, interese científico, educativo, estético, paisaxístico ou calquera outra circunstancia que as faga merecentes dunha especial protección.

 No Decreto que regula este catálogo, publicado no Diario Oficial de Galicia do 17 de abril de 2007, recóllense 106 exemplares de 60 especies diferentes, así como 21 formacións arboradas compostas por 14 especies distintas. Aínda que existe unha primeira selección de exemplares e formacións, o catálogo configúrase como unha ferramenta aberta e en constante actualización, podendo propoñer a inclusión de elementos os seus propietarios, as administracións públicas, centros de investigación ou asociacións e entidades privadas ou públicas que teñan entre os seus fins estatutarios a protección da natureza.

 Protección como obxectivo principal

Souto de Rozabales

Souto de Rozabales

O

Comité das Árbores Senlleiras é o órgano consultivo da Dirección Xeral de Conservación da Natureza en relación con este Catálogo. Os membros do Comité, designados por diferentes institucións e organismos que teñen coma finalidade a protección, conservación ou divulgación das árbores senlleiras, procederon á valoración do conxunto de solicitudes de catalogación de exemplares e formacións recibidas na Dirección Xeral de Conservación da Natureza, co obxecto de poder seleccionar deste xeito a mellor representación de individuos e formacións das diferentes especies arbóreas a nivel autonómico.

Be Sociable, Share!

2 Respuesta for “Medio Rural prepara a ampliación do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia”

  1. fran dice:

    Desde que o SR. Ricardo García-Borregón se fixo cargo da Direción Xeral de Conservación da NAtureza, o Comite de Árbores Senlleiras non volveu a reunirse (teñen a obriga de facelo 1 vez o ano), o libro que pagou a propia Consellería (ou sexa nós), non saiu publicado, é máis, atópase agochado nos sotos da Consellería, 3500 exemplares. Por favor publicar isto haber se alguén lle cae a cara de vergoña, aínda que non o creo. Saúdos

  2. fran dice:

    Escríbolle polo catálogo de árbores senlleiros de Galicia. A Consellería de Medio Ambiente encargou a edición dun libro con este tema a Universidade de Santiago en tempos do bipartito, no tempo en que o libro se escribiu, o goberno cambiou de “cor”. Pois ben a actual Consellería de Medio Rural, por medio da Direción Xeral de Conservación da Natureza é a que actualmente se encarga de este tema. Dita Direción Xeral ten agochados nos sotos da do edificio administrativo de San Lázaro 3500 exemplares xa impresos. Non os divulgan porque o prólogo estaba escrito por Xosé Benito Rexa, Director Xeral na etapa do bipartito. Como é posible que estas cousa sigan pasando?? por favor intente facer algo ou investigar esta actuación.

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator