Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Vigo súmase ao Día Mundial da Discapacidade cun acto no Marco

Posted by on Dic 3rd, 2009 y archivado abajo Sin sección. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

Lerán un manifesto e darán un paseo en cadeira de rodas.

Lerán un manifesto e darán un paseo en cadeira de rodas.

A concellería de Benestar Social organiza hoxe varias actividades de sensibilización con motivo do Día Mundial da Discapacidade. O acto central terá lugar ás 12:30 horas diante do Museo MARCO onde se procederá á lectura dun manifesto. A actividade forma parte dunha campaña de sensibilización para facer que Vigo sexa unha cidade máis accesible para as persoas con discapacidade.

No Marco terán lugar diversas actividades en cadeiras de rodas e con antifaces, “para que os transeúntes poidan participar”. Ás 12.30 horas está prevista a lectura do manifesto e un paseo en cadeira de rodas de tres persoas coñecidas, co obxectivo de que “comproben a dificultades que supoñen as barreiras arquitectónicas e as facilidades nos lugares nos que xa están eliminadas”.

O tenente de alcalde salientou que Vigo é a cidade de todo o estado español que máis ten investido do Plan E para eliminar as barreiras arquitectónicas, ao destinar máis de 2 millóns de euros nesta liña de traballo.

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, salientou que a campaña de sensibilización quere dar a coñecer á cidadanía “a importancia que ten que a accesibilidade sexa universal”. Segundo a edil, trátase de “abrir as mentes” para que todas as persoas coñezan polo miúdo as dificultades que poden atopar as persoas con discapacidade nunha cidade como a nosa.

María Méndez salientou que a campaña tamén pretende “facilitar a autonomía persoal” e concordou con Santi Domínguez na necesidade de fomentar actitudes positivas cara a eliminación de barreiras arquitectónicas. Neste caso citou o exemplo da apertura de novos locais comerciais e a concienciación dos seus donos de instalar rampas de acceso e non escaleiras. Explicou que a campaña desenvolverá actuacións dirixidas á poboación en xeral, coa edición de 5.000 dípticos informativos nos que se sinalan “10 formas de facer Vigo máis accesible” e a participación das propias persoas con discapacidade nas cuñas que se emitan por radio.

Respecto ás iniciativas que se desenvolerán nos centros educativos neste fin de 2009 e comezo de 2010, a concelleira de Benestar Social explicou que se seleccionaron 10 centros nos que se imparte ensino secundario para dar charlas de 50 minutos e nos que se distribuirá o material correspondente. Finalmente, no Concello de Vigo a iniciativa ten o obxectivo de que todos os proxectos conten cos criterios de accesibilidade, para o cal se están desenvolvendo charlas informativas.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta