Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O Trofeo Nadal de Natación bate récord de inscricións

Posted by on Dic 3rd, 2009 y archivado abajo Deportes, Destacados. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

Presentación do Trofeo.

Presentación do Trofeo.

A piscina climatizada do Real Club Náutico de Vigo acollerá este próximo domingo 6 de decembro o XXIII Trofeo Nadal de Natación – Alejandro Febrero, torneo que leva o nome do primeiro nadador Olímpico do Club.

O Trofeo Nadal de natación chega así á súa vixésimo terceira edición. Sen dúbida, este é un dos eventos máis destacados campeonatos da natación galega, de gran nivel deportivo. Nesta nova edición máis de 350 nadadores de 17 clubs pasarán pola piscina do Náutico de Vigo, sendo a participación máis numerosa da historia do Trofeo de Nadal. 

Para os nadadores do territorio galego esta previa é de gran importancia por ser previa aos próximos Campionatos Galegos Absolutos a celebrar este mes de decembro en Santiago. 

No que fai aos premios, este torneo é un dos mellores dotados en premios individuais, un total de 4.620 euros.

O torneo levarase a cabo nunha única xornada en dúas sesións que comezarán ás 11:00 e 17:30 respectivamente. A entrega de premios está prevista para as 20:00 horas do propio domingo día 6.

Ademais, a entrada á piscina climatizada do Real Club Náutico de Vigo será  aberta e gratuíta ao público.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta