Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A Cidade da Xustiza levará por diante entre 25 e 30 vivendas

Posted by on Dic 3rd, 2009 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

Reunión entre o alcalde e Germán Serrano, Xuíz Decano.

Reunión entre o alcalde e Germán Serrano, Xuíz Decano.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que en 15 meses o Concello rematará os trámites legais previos á ocupación dos terreos da futura Cidade da Xustiza, que será erixida pola Xunta de Galicia.

Nunha entrevista mantida co novo Xuiz Decano, Germán Serrano, Caballero informou que a expropiación afetará a unhas 25 ou 30 vivendas unifamiliares que serán realoxadas no caso de ser preciso.

De cara a axilizar o proceso de construcción da futura estrutura xudicial, o alcalde suxeríu ao Conselleiro de Presidencia que encargue o proxecto, o que, según el, permitiría aforrar entre seis e oito meses de trámites, segundo estimou Caballero.

O alcalde eloxiou a actitude de colaboración e cooperación mostrada por Germán Serrano, asegurou que foi unha reunión “cordial” e concluiu afirmando que “creo que imos cooperar de forma fructífera”.

Dotacións xudiciais
O alcalde manifestou o seu acordo co Xuiz Decano na importancia que ten para Vigo a presenza en Vigo do Xulgado do Mercantil, que entrará en funcionamento o 1 de xaneiro de 2010, a falta únicamente de que a Xunta de Galicia defina a súa ubicación física.

Outra cuestión abordada na reunión foi a localización do Rexistro Civil. A este respecto, Abel Caballero indicou que “convén que estea no centro da cidade”, polo que ofertou a cooperación para buscar un espazo axeitado.

O rexedor local abordou asemade con Serrano o Plan de Emerxencia de Atención aos Xulgados, elaborado polo Ministerio de Xustiza, que inclúe a Vigo.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta