Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O Trofeo Cidade de Vigo de Patinaxe artística será o día 8 en Bouzas

Posted by on Dic 2nd, 2009 y archivado abajo Deportes, Destacados. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

El campeonato será el día 8.

El campeonato será el día 8.

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, avanzou hoxe que o Trofeo Cidade de Vigo de patinaxe artística sobre rodas terá lugar o vindeiro 8 de decembro no polideportivo de Bouzas. Na presentación do torneo, o edil convidou aos afeccionados e afeccionadas a “comprobar a estética e a plástica” deste deporte.

Xabier Alonso destacou a importancia que ten para a Concellería de Deportes a celebración de torneos Cidade de Vigo de todas as modalidades deportivas. “Deste xeito facemos efectiva a nosa aposta polo deporte, especialmente se prestan atención ao deporte de base”, salientou. Neste sentido, felicitou ao Coruxo F.C, organizador do torneo polo seu “esforzo continuado a prol do deporte”.

O Trofeo Cidade de Vigo de patinaxe artística deste 2009 se desenvolverá ao longo de todo o 8 de decembro, e presentará como novidade a “ampliación da competición”, segundo apuntou o director deportivo do clube Manuel Feijóo. Así, de 11 a 13 horas participarán os patinadores e patinadoras na modalidade librenas categorías alevín e infantil. Xa pola tarde, de 17 a 19 horas, terá lugar o torneo na categoría de show e a exhibición dos gañadores no campionato da mañá.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto - Deportes