Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O 061 atendeu o fin de semana a 107 persoas feridas en 71 accidentes de tráfico en toda Galicia

Posted by on Nov 30th, 2009 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 107 persoas debido a 71 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15.00 h. do venres, 27 ata as 23.59 h. do domingo, 29 de novembro. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o domingo, con 30 accidentes.

061-1 A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 104 chamadas en relación con accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 71 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061, que atenderon a un total de 107 persoas.

 A porcentaxe de homes atendidos foi do 57% e a de mulleres foi do 43% . No que se refire ás idades dos feridos, obsérvase que un 54% dos atendidos ten entre 15 e 39 anos. Por provincias, Pontevedra e A Coruña foron as que rexistraron máis accidentes durante os desprazamentos destas datas, con 27 sinistros respectivamente.

 

Provincia

Procesos

A Coruña

27

Lugo

9

Ourense

8

Pontevedra

27

Total

71

 Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 102. Así, as UVI móbiles se mobilizaron en seis ocasións; as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 74 accidentes; as concertadas en 11 casos; e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061 en caso de necesitarse prestaron asistencia en 11 sinistros.

 En 92 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes e en cinco ocasións ao centro de saúde ou Punto de Atención Continuada de Atención Primaria, mentres que sete persoas lesionadas foron atendidas no propio lugar no incidente sen necesitar traslado, e tres faleceron no lugar do sinistro.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta