Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Joan Baez actuará en Vigo el 5 de marzo

Posted by on Nov 29th, 2009 y archivado abajo Música, Música y Cine, Portada. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

Dez concertos de artistas americanos empezan a serie de Xacobeo Importa este mesmo mes. O primeiro será o da banda indie folk americana Vetiver, liderada polo compositor Andy Cabic e acompañados por Fruit Bats, marcará o arranque do festival Xacobeo Importa no Pazo de Cultura de Pontevedra o próximo 2 de decembro. En todos os recitais actuarán artistas internacionais de referencia que nunca visitaron Galicia, como Joan Baez, considerada a máxima figura da canción protesta xurdida na América dos anos 60. O festival Xacobeo Importa é unha iniciativa de Xacobeo 2010 e o Ciclo Importa que ten por obxectivo achegar, a través dunha programación regular, a grupos e artistas do circuíto independente que pola súa traxectoria, estilo ou relevancia merecen ser presentados ao público galego en actuacións únicas e formatos especiais.

 Joan BaezNesta ocasión, o Ciclo Importa celebra a nova edición da man do Xacobeo 2010 para cumprir unhas expectativas máis ambiciosas despois do éxito das anteriores. Máis de 4.000 persoas asistiron aos concertos organizados desde 2008 polo Ciclo Importa, que presentou grupos de renome internacional na escea galega como Gogol Bordello, Tindersticks, Millencolin, dEUS ou Skye Edwards, entre outros. En 2010, o Festival Xacobeo Importa tentará consolidarse como unha proposta estable cunha programación regular ao longo do ano e cunha aposta decidida pola descentralización. O festival Xacobeo Importa manterá como centro de actividade Santiago de Compostela pero “fará o camiño” por outras cidades como Pontevedra, A Coruña, Ourense  Lugo e Vigo.

 Teatros e salas

O programa do Xacobeo Importa ofrece una alternativa a eventos musicais de carácter masivo, cunha variedade de formatos (auditorios, teatros e salas) que permitirán disfrutar da música en óptimas condicións, apostando por unha posta en escena coidada e especial. A programación do ciclo busca a diversidade de estilos musicais, incorporando artistas próximos ao pop, a música folk, o rock máis adulto ou á fusión de músicas do mundo, desde os xoves estadounidenses Vetiver ata figuras consagradas como Joan Baez.

 Programación

O festival Xacobeo Importa inaugúrase o día 2 de decembro no Pazo de Cultura de Pontevedra co concerto de Vetiver, banda liderada polo compositor Andy Cabic, que estará acompañada de Fruit Bats, outra das bandas do prestixioso selo Sub Pop. O ciclo constará de 10 concertos programados en dúas quendas, de xaneiro a xuño e de setembro a decembro. Entre os nomes confirmados sobresae o concerto de Joan Baez, máxima figura da canción protesta xurdida en América nos anos sesenta, que actuará o 5 de marzo no Centro Cultural Caixanova de Vigo.

 Nos próximos meses iranse desvelando os nomes doutros artistas, que se programarán en dous tipos de recinto, sala ou teatro en función do concerto. A clausura no mes de decembro, despedirá por todo o alto esta serie de concertos nun recinto de maior aforo como colofón do ciclo.

 vetiverIndie folk americano

Vetiver é unha banda indie folk estadounidense, formada polo compositor Andy Cabic en voces, a cellista Alissa Anderson, Otto Hauser en batería, Carmen Biggers ao violín, os guitarristas Kevin Barker and Sanders Trippe, y Brent Dunn no baixo. Vetiver lanzou o seu álbum debut en 2004, baixo un pequeno selo independente: DiCristina.

Antes de mudarse a San Francisco, Cabic era miembro de The Raymond Break, una banda indie rock de Carolina del Norte, que editó algunos discos en Simple Machines, un sello que ya no existe.

Vetiver acompañó como soporte a Vashti Bunyan en su tour a principios de 2007. Su música ha sido descrita por varios críticos como «surreal» «placentera» «tierna y accesible» «cálida».

ALBUMS

* Vetiver (DiCristina, 2004)
* To Find Me Gone (DiCristina, FatCat Records, 2006) EPs
* Between (DiCristina, 2005)

Tight Knit é o cuarto álbum de Vetiver e trátase sen dúbida do seu mellor traballo ata a data. Vetiver é o alias baixo o que se esconde Andy Cabic que lle permitiu non parar desde o seu debut en 2004.  Nado ao norte do estado de Virginia a súa pericia coa guitarra supúxolle colaborar co máis destacado do ‘freak folk’ local.

 Joan Baez

Caracterizada por unha voz potente, aguda, próxima á dunha soprano, Joan Baez é a máxima figura da canción protesta xurdida nos anos sesenta, ao calor da Guerra de Vietnam. O seu repertorio, non obstante, abarca tamén o puramente tradicional, o country e o pop-rock.

 A súa carreira comeza en Boston, onde conseguiu unha gran repercusión coa súa actuación no Newport Folk Festival de 1959. Entre 1962 y 1964, Baez foi o rostro popular da música folk. Durante este período, empezou a estudar o traballo de Bob Dylan e, paulatinamente, o seu repertorio desprazouse do material tradicional ao de tipo socialmente comprometido. Viviu con Bob Dylan entre 1963 e 1965 e xuntos gañáronse o título do Rei e a Raíña da Canción de Protesta. Baez viuse influenciada pola aparición dos Beatles en Estados Unidos e polo folk-rock de Dylan, chegando a usar unha orquestra enteira para a creación musical. A finais dos sesenta Baez centrouse no pop-rock e comezou a escribir as súas propias cancións.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta