Comarcas

Facerlle unha fotografía ao outono ten máis premio que unha gripe

O obxectivo deste certame é o de fomentar a creatividade no ámbito da fotografía a través das novas tecnoloxías, co fin de impulsar o seu uso.

A Rede de Telecentros de Comunicación (RTC) da Secretaría Xeral de Medios, a través da campaña Comunícate e do telecentro de comunicación de Chantada, pon en marcha o I Concurso de fotografía dixital sobre o outono, no que participarán os TC da Fonsagrada, Boiro, Brión, Chantada, Lugo, Melide, Monterroso, O Barco, Oroso, Ourense, Verín e Xinzo de Limia.

 OutonoO obxectivo deste certame é o de fomentar a creatividade no ámbito da fotografía a través das novas tecnoloxías, co fin de impulsar o seu uso e poderán participar todas aquelas instantáneas que fagan alusión ao outono. As imaxes terán que ser inéditas e ter como escenario o municipio no que estea ubicado cada un dos Telecentros de Comunicación participantes.

 Cada concursante poderá presentar no telecentro de comunicación no que participe un máximo de dúas fotografías co seu correspondente título. As fotografías deberán presentarse en formato JPG, cun tamaño máximo de 1 MB e unhas dimensións de 800×600 píxeles. O prazo para enviar as instantáneas remata o próximo 4 de decembro.

Haberá un gañador local (por cada Telecentro de Comunicación) e un gañador final de entre todos os telecentros de comunicación participantes. Cada un dos TC organizará unha exposición con todas as imaxes participantes. Así mesmo, todas as fotografías presentadas ao concurso poderán visualizarse na plataforma da Rede de Telecentros de Comunicación de Galicia (http://telecentros.comunicacion.xunta.es).

También te puede interesar