Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Os afectados da PLISAN cumpren unha semana de peche no Concello de Salvaterra

Posted by on Nov 28th, 2009 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

Os afectados pola Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves, levan xa unha semana pechados no Concello de Salvaterra. Denuncian que “non se nada da suposta xuntanza, que segun os alcaldes de Salvaterra e As Neves, se ia a producir o xoves día 26 entre os promotores para dar saída o problema“. Aseguran que este silencio fora anticipado polos membros da directiva o pasado luns aos alcaldes , “que cada día que pasa, máis parecen convidados de pedra en este asunto“.

salvaterra“Que non traten de confundir os cidadans os cargos políticos do Partido Popular, decindo que ese convenio non e válido, xa que de ser certo isto , que procedan a anulalo“. Os afectados sinalan que o retraso no cumprimento do convenio cústalle aos galegos 1.175 € diarios. Creen que dende hai nove meses, o novo goberno foi incapaz de amosar un só documento que probe que os outros promotores non queiran asumir a súa parte do convenio e sinalan que ninguén na Xunta desmentiu á anterior conselleira, Tereixa Táboas , quen manifestou que tódalas partes tiñan prestado o seu consentimento ao acordo cos veciños.

Os afectados aseguraron a vigoalminuto que agardan que os dos alcaldes de Salvaterra e As Neves, “non sexa solo por cortesia, e exisan os gobernantes do seu partido a solución o problema“ e advierten que a día de hoxe segue o peche e que acada máis forxza cada día “xa que se están a sumar máis afectados”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta