Galicia

imit dalle un novo pulo ás novas tecnoloxías da información recollendo as novidades e proxectos galegos

A Xunta ven de poñer en marcha un novo portal, iMit, onde recolle todas as súas iniciativas e servizos en materia de tecnoloxías da información e a comunicación. O obxectivo deste proxecto é poñer ao servizo da sociedade galega un espazo web único de información en materia de sociedade da información e divulgar todas as actividades que se están a impulsar desde o Executivo autonómico nesta materia.

 RatónEsta iniciativa responde á estratexia do Goberno galego no desenvolvemento e difusión da Sociedade da Información e as Comunicacións, unha estratexia integradora na que a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica será a encargada de coordinar todos os proxectos.

 Liñas de actuación prioritarias

Deste xeito, a SXMIT identificou catro liñas de actuación prioritarias que se recollen na nova web iMit: o Goberno electrónico, as telecomunicacións, a dinamización do uso das TIC e o impulso ao sector empresarial da sociedade da información. Neste sentido, e como reflexo destas prioridades, iMit concíbese como a canle de comunicación sobre os programas e proxectos que se están a levar a cabo nestes ámbitos.

Este espazo servirá, polo tanto, de punto de referencia para informar a toda a sociedade sobre os plans e servizos impulsados desde a Administración autonómica nestes ámbitos, ademais de divulgar outra información de interese sobre convenios de colaboración, noticias ou actos que se poñan en marcha.

 

También te puede interesar