Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Caixanova desvela o Segredo dos Hoffman

Posted by on Nov 28th, 2009 y archivado abajo Cultura. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Caixanova presenta o próximo 4 de decembro, ás 20.30 horas, no seu Centro Cultural de Vigo a nova proposta teatral da compañía galega Lagarta, Lagarta, ‘O segredo dos Hoffman”.

O segredo dos HoffmanA montaxe conta cun elenco de luxo, no que se inclúen nomes como o de Xosé Barato (‘Historias de Galicia’, ‘Matalobos’), Ernesto Chao (‘Aeroplanos’, ‘As últimas lúas’), Belén Constenla (‘Unha primavera para Aldara’, ‘A vida por diante’) e Rebeca Montero (‘A boa persoa de Sezuán’, ‘Matalobos’), que dan vida a catro membros dunha familia rota por un segredo oculto durante anos. Estas persoas reúnense con motivo do pasamento da avoa Constancia e as súas lembranzas, soños e anhelos describen un universo cerrado, de enorme carga emotiva, nun texto coral que crea unha historia intensa e envolvente baixo a dirección de Rosa Álvarez.

A novela homónima de Alejandro Palomas encerra unha gran intensidade de sentimentos a partir da historia emocionante dunha familia perdida no pasado. Esta transposición teatral busca un lugar, ao igual que o fai a novela, onde encerrar aos personaxes para que unha visita inesperada axite as emocións duns individuos ancorados, despois de vinte anos, na morte dun ser querido. En ‘O segredo dos Hoffman’ mergúllanse as coordenadas que vertebran a condición humana e que dan unha voz común e un único fin: aprender a vivir no amor polas cousas que realmente importan e facelo con valor, desde a emoción e tamén desde o perdón.

 Ficha artística

 Elenco: Xosé Barato, Ernesto Chao, Belén Constenla, Rebeca Montero.

Dirección: Rosa Álvarez.

 Prezo: Butaca: 8 euros; Anfiteatro 1º: 6 euros; Anfiteatro 2º: 4 euros; Anfiteatro 3º: 3 euros.

 Sistema de venda: en www.caixanova.es, no despacho de billetes telefónico 902 504 500 e o mesmo día da actuación no despacho de billetes do Centro Cultural Caixanova.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta