Vigo al minuto

O Casco Vello recupera San Francisco e Poboadores

PoboadoresO tenente de alcalde salientou a fonda transformación que experimentaron estas dúas rúas tras as obras e a renovación do alumeado, o pavimento e os servizos públicos. Actuouse sobre unha superficie de 2.325 metros cadrados, cun investimento superior aos 915.000 euros. “O que eran estas rúas e o que son hoxe“, sinalou, lembrando o “pouco atraínte” que era transitar por elas. Destacou que o “traballo para a xente” que impulsa o Concello no Casco Vello materializouse na mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas.

As rúas Poboadores e San Francisco contan tamén con novas canalizacións soterradas, “exemplo claro das actuacións que queremos facer”, explicou Santiago Domínguez, así como a instalación de gas. Estamos nun proceso de renovación completa do Casco Vello, por arriba e por abaixo, do que se ve e o que non se ve“, afirmou.

O tenente de alcalde indicou que a inauguración de hoxe é un paso previo ao “colofón final” que terá lugar o vindeiro 2 de decembro, coa inauguración do eixo Porta do Sol-Elduayen-Paseo de Alfonso. “Pero a partir do día 2 non imos parar porque os orzamentos do ano que vén contemplan a renovación do mirador da Porta do Sol e a reforma das rúas que faltan”, anunciou.

E ademáis: O Partido Popular denuncia que as obras son agresivas e un despilfarroChegan os homes de Santi; Microbuses eléctricos para moverse polo Casco Vello; Ataque al botellón na zona histórica

También te puede interesar