Vigo al minuto

Feijóo compromete o seu apoio para que a flota galega poida faenar con seguridade

O presidente da Xunta comprometeu o máximo esforzo posible por parte do Goberno galego “para que as nosas empresas e profesionais teñan a oportunidade de seguir amosando o saber facer pesqueiro galego polo mundo”. Neste sentido, e aproveitando a súa intervención no acto de imposición da Medalla de Ouro do Club Financeiro de Vigo a José Pereira Álvarez, presidente da Armadora Pereira, o mandatario galego lembrou que a súa proposta para “a reforma da Política Común de Pesca vai centrada, no que á flota de gran altura se refire, na consolidación de acordos con terceiros países en pé de igualdade”.

puerto bouzas1“Debemos seguir esforzándonos por acadar a máxima seguridade para os nosos intereses, dende un punto de vista xurídico e agora, tristemente, tamén no que atinxe á seguridade física”, aseverou. E proseguiu: “Por todo isto, imos traballar na adopción de medidas en todos os ámbitos e diante de todos os eidos administrativos, xa sexa a través da nova Política Común de Pesca ou reformulando as accións defensivas e de protección no Índico Occidental”.

 Pioneira na apertura de negocios

Así mesmo, o presidente Feijóo lembrou, tamén, a necesidade que teñen hoxe en día as empresas de competir nun mundo sen fronteiras. “O Goberno de Galicia entende que é preciso competir nun mundo globalizado, sendo esta a única ferramenta para a supervivencia e o avance”.

 Neste contexto, sinalou o importante papel que teñen as empresas galegas no desenrolo de todas estas políticas, facendo especial mención a Armadora Pereira, do homenaxeado José Pereira, “pioneira na apertura de negocios e que “hoxe desenvolve unha importante actividade mundial”. “Soubo entender a ambición na súa xusta medida, e adaptarse ás circunstancias cambiantes do mundo da pesca e da cadea mar – industria”, concluíu.

También te puede interesar