Comarcas Galicia

Os afectados da PLISAN seguen o seu encerro no Concello de Salvaterra

A Asociación de afectados da Plataforma Loxística Salvaterra As Neves (PLISAN) asegura en nota de prensa que prosigue o peche no Concello de Salvaterra logo de manter unha xuntanza con alcalde deste cooncello e do de As Neves. Os afectados sinalan a ausencia na xuntanza da diputada do Partido Popular Marta Valcarcel, e sinalan que “unha vez mais se nos dice que os Promotores siguen estudiando como resolver o convenio dos recursos mineiros, sendo esto mesmo o que nos ven dicindo este goberno dende a sua toma de posesión”. 

PLISANA asociacón sinala que “no transcurso destes oito meses, este Goberno , que sempre esta solicitando informes, tratando de non pagar os afectados, agora nos dice que se van xuntar de novo cos equipos xuridícos dos promotores”. 

Co fin de rematar con estes “enredos” políticos, a Asociación fixo entrega aos alcaldes de un escrito “ultimato” , dirixido a ausente deputada ,para que llo faga chegar á Xunta, que consideran a única responsable da expropiación,e solicitan unha resposta clara a alternativa presentada “ou se aplica o convenio acordado, ou se procede a derogalo”, sinala.

 O tempo de encerro durará canto faga falta na espera da resposta

Os afectados advirten que considerarán unha “declaración de guerra contra os veciños a decisión de anular o convenio, e abrira un nova frente xurídica , con reclamacións de danos e prexuízos masivas , “ampliando a loita social” , co fin de “desenmascarar a aqueles que, cando outros gobernaban, manifestábanse a favor do pago dos recursos mineiros”.

Así mesmo deixan constancia de que seguirán con especial atención a actuación da deputada Valcarcel que, lembran comprometeuse na campaña electoral a solucionar o problema se o Partido Popular chegaba ao gobreno da Xunta.

También te puede interesar