Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O maior experto mundial sobre Darwin ofrece unha conferencia no Museo do Mar

Posted by on Nov 26th, 2009 y archivado abajo Sin sección. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

Charles Darwin

Charles Darwin

O profesor do Instituto Escocés do Océano da Universidade de St.  Andrews (Reino Unido), Robert Prescott, considerado o maior experto  mundial no Beagle, inaugura hoxe, xoves 26 de novembro, ás 20.00h.,  no Salón de Actos do Museo do Mar de Galicia, o ciclo de conferencias  ‘Darwin, navegando no Beagle’, ciclo paralelo á exposición que leva o  mesmo nome.

Prescott, que participou na equipa británica que estudou a derrota do famoso barco e o seu derradeiro destino, falará sobre As últimas singladuras do Beagle, e estará acompañado polo historiador, 
arqueólogo e director do Museo do Cantábrico de Santander, José  Luis Casado, quen abordará a loxística das expedicións científicas  da época e a do Beagle en particular. Casado ten publicado numerosas  investigacións sobre a construcción naval na idade media e moderna,  e é un dos mairores especialistas nesta materia concreta.

 As conferencias, que terán lugar ás 20.00 h. no Salón de Actos do  Museo, tratarán distintos aspectos sobre Darwin e a Teoría da  Evolución, e rematarán o 28 de xaneiro de 2010.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta