vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Karatekas de toda España cítanse no Trofeo Cidade de Vigo

Posted by on Nov 26th, 2009 y archivado abajo Deportes, Destacados, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

Presentación do Trofeo Cidade de Vigo de Kárate

Presentación do Trofeo Cidade de Vigo de Kárate

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, avanzou hoxe que o XI Trofeo Cidade de Vigo de Kárate terá lugar este sábado 28 de novembro, no pavillón do Berbés, a partir das 16.30 horas. Organizado polo clube A.D. Zanshin, ao que Xabier Alonso agradeceu o seu esforzo e traballo continuados, a competición disputarase nas categorías infantil, xuvenil, cadete, xunior, sub-21 e senior e nela participarán clubes procedentes de todo o estado.

“Dende a Concellería de Deportes traballamos para que todas as especialidades deportivas teñan a oportunidade de organizar o seu correspondente Trofeo Cidade de Vigo”, salientou o edil do BNG. Neste sentido explicou que estas competicións se valora de xeito positivo que aposten polo deporte de base, participen clubes e equipo de diversa procedencia e que nelas teñan cabida tanto a vertente masculina como a feminina.

O responsable do clube A.D. Zanshin, Fernando Álvarez, indicou que o Trofeo de Vigo de Kárate é un evento dunha “gran solera”, posto que reunirá a participantes “moi representativos” nos ámbitos galego e estatal. Asemade, destacou que a competición conta cun recoñecemento “incluso no eido internacional”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto - Deportes