Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Feijóo e os empresarios queren “solvencia e galeguidade” para as caixas

Posted by on Nov 26th, 2009 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, puxo en valor o apoio “unánime” manifestado pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) ao Goberno galego na súa defensa dun sistema financeiro baseado nos criterios de “solvencia e galeguidade”. O titular do Executivo autonómico mantivo hoxe unha xuntanza co presidente da CEG, Antonio Fontenla, e cos presidentes das confederacións de empresarios das catro provincias, unha reunión na que analizaron o futuro das caixas galegas e na que, dixo Feijóo, coincidiron en que “Galicia debe permanecer no marco financeiro español”

“Esa á unha cuestión que compartimos e hai un respaldo unánime do empresariado galego” sinalou o máximo mandatario autonómico, quen insistiu en que o futuro das caixas e do sistema financeiro galego “ten que ter un criterio de solvencia”, ao tempo que “interesa moitísimo que os núcleos de decisión, da concesión de créditos, da priorización dos investimentos, en definitiva, da fluídez de crédito, estea canto máis preto de Galicia mellor”.

Feijóo incidiu en que solvencia e galeguidade son os dous parámetros que rexen a postura da Xunta e agradeceu o “respaldo unánime do empresariado galego para afondar nese dobre compromiso”, coincidindo en que “a solvencia e a galeguidade son os principios básicos cos que debe actuar o Goberno de Galicia”.

Pola súa banda, o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla constatou que, tras a xuntanza de hoxe co presidente, a conclusión da institución que representa coincide coa Xunta no apoio a que “o produto resultante no sistema financeiro galego sexa un sistema financeiro baseado na solvencia”. “O máis importante para nós é que de forma perdurable sexa eficaz na economía, que se prime a súa galeguidade, e, sobre todo, que o que se prime sexa un sistema financeiro que lle permita tanto á sociedade galega como aos empresarios seguir mantendo unha liña de liquidez que nestes momentos de crise é moi necesario e vital para sobrevivir ata que chegue o momento de desenvolvemento”, afirmou o presidente dos empresarios.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta