Vigo al minuto

O presidente de Aiza visita o zoo e di que está a piques de cumplir a normativa

O Presidente da Asociación Ibérica de Zoos e Acuarios (AIZA), José María Aguilar, visitou onte VigoZoo e advertiu a “tendencia claramente positiva” na que está inmersa o parque vigués para adaptarse á lei de zoos que marca a Unión Europea.

 leones/VZAguilar foi invitado a visitar a instalación pola concelleira de Medioambiente, Chus Lago, quen presentoulle sobre o terreo os traballos de mellora que estanse a efectuar en VigoZoo así como a estratexia de futuro do parque, que pasa por orientalo hacia “labouras de conservación, investigación e educación”, segundo indicou o propio José María Aguilar.

 O Presidente de AIZA asegurou que VigoZoo está inmerso nun “proceso de cambio” e “está a punto de cumprir os requisitos” legais da normativa. “Vexo potencialidade no zoo de Vigo, está no bo camiño”, expresou o máximo responsable da Asociación Ibérica de Zoos.

 José María Aguilar destacou ademais a “actitude positiva desde un punto de vista político e técnico” para mellorar as instalacións. Entre outras, Aguilar puido coñecer as obras en marcha do futuro espazo reservado para os lobos, onde percibiu, segundo indicou o Presidente, o “asesoramento externo e a preocupación” municipal para adaptarse as esixencias legais europeas.

 AIZA

A Asociación Ibérica de Zoos e Acuarios aglutina a corenta integrantes en total, 35 españois e 5 portugueses, e xera 5.000 empregos directos. A entidade xestiona a visita aos centros integrados de 12 millóns de persoas cada ano e conta actualmente con 400 especies en programas de cría de animais en perigo de extinción.

 A Asociación naceu en 1987 inicialmente delimitada ao territorio español, baixo a denominación de Asociación Española de Zoos e Acuarios, e incorporou a Portugal no ano 2001, despois da solicitude do país veciño.

También te puede interesar