Destacados

Os traballadores de Galeserga convocan folga indefinida e volven a concentrarse dende hoxe

Os traballadores concentraranse pola mañá na nace de TRW, no Camiño do Caramuxo, e pola tarde diante da sede da empfesa, en Colón esquina coa Praza de Compostela

Os traballadores de Galeserga volven a mobilizarse encol da consecución do pagamento dos seus salarios e dos atrasos do convenio. Esta vez, serán os traballadores que prestan os seus servizos en TRW.

Ademáis, segundo informa  CC.OO, convocouse folga indefinida que consta de paros con concentracións, que terán lugar de luns a venres, de 11.00 a 11.30 horas, na nave 1 de TRW, no Camiño do Caramuxo, e os martes e xoves, de 16.30 a 18.00 horas, diante das instalacións da empresa, na rúa Colón número 2 esquina con Plaza de Compostela.

También te puede interesar