Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Os médicos de familia de Vigo farán ecografías

Posted by on Nov 23rd, 2009 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

da área sanitaria de Vigo está a promover a implantación do programa de realización de ecografías polos médicos de familia. Así, antes de finalizar o ano, os centros de saúde de Nicolás Peña, Teis –que xa dispoñen dos ecógrafos- e Sárdoma van a incorporarse a este programa. De momento, estase a desenvolver nos centros sanitarios de Cangas, Baiona,  Chapela e Porriño, cuns resultados excelentes tanto na súa eficacia clínica -en canto a detección précoz de enfermidades-, como nos índices de satisfacción dos usuarios.

Os médicos de familia están asistindo a un curso para facer ben as ecografías

Os médicos de familia están asistindo a un curso para facer ben as ecografías

A xerencia de Atención Primaria

Precisamente, para ofertar aos profesionais a posibilidade de realizar este tipo de probas diagnósticas, o Servizo Galego de Saúde lles facilita un ciclo formativo no emprego desta técnica a través duns cursos impartidos pola Sociedad Española de Médicos Generales y de Familia, SEMG.

Neste senso, durante esta fin de semana un total de 17 médicos de familia da área sanitaria de Vigo asisten a este curso teórico-práctico no centro de saúde de Bembrive. O coordinador do mesmo, o doutor Manuel Devesa afirma que “trátase de ofertarlles aos médicos de primaria unha ferramenta inmediata, inocua, e que propicia o incremento da capacidade resolutiva deste nivel asistencial”.

Proba Resolutiva

A incorporación deste programa á carteira de servizos da Atención Primaria supón un salto cualitativo moi importante na atención ofertada a poboación , xa que, entre outras vantaxes, evita aos usuarios ter que desprazarse ao seu hospital de referencia así como as listas de espera hospitalarias para estas probas diagnósticas.

A exploración ecográfica polos médicos de familia é moi resolutiva en determinadas patoloxías, como as abdominais, tiroideas e musculoesquéticas, que permiten o diagnóstico precoz de moitas enfermidades relacionadas con estes órganos; ademais posibilitan o seguimento e control do embarazo normal, non de risco; e de enfermidades como o aneurisma de aorta abdominal, moi controlable desde a Atención Primaria.

Vantaxes

O programa de realización de ecografías polos médicos de familia enmárcase no importante esforzo realizado polo Servizo Galego de Saúde para desenvolver medidas que acurten a lista de espera de consultas externas e probas diagnósticas e as súas demoras, mediante a mellora da capacidade diagnóstica e terapéutica da Atención Primaria.

En conclusión, esta iniciativa constitúe un dos programas incorporados á carteira de servizos da Sanidade pública galega máis beneficiosos para os pacientes, que presenta indubidables vantaxes, facilita a accesibilidade dos usuarios ao sistema evitando desprazamentos innecesarios aos centros sanitarios, ofrece uns resultados inmediatos das probas, e acada un seguimento da patoloxía máis próximo e  personalizado, ao ser  controlado o paciente polo seu propio profesional médico de familia.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta