Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Para gañar 3.500 euros ‘só’ tes que ser premio extraordinario fin de carreira

Posted by on Nov 22nd, 2009 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

Este ano haberá 8 becas máis que o anterior

Este ano haberá 8 becas máis que o anterior

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria resolveu aumentar a contía dos premios extraordinarios de fin de carreira en Galicia. O importe elevase ate 217.000 euros, que beneficiarán a 62 alumnos e alumnas que remataron os estudos superiores no curso.

Este aumento debese ao remanente de outros recoñecementos económicos, e que permite que aumentar en oito o número de beneficiados, respecto do publicado inicialmente. Todos eles percibirán un cheque por valor de 3.500 euros e un diploma acreditativo cos que se recoñece sa súa excelencia académica.

As bolsas debían ser solicitadas antes do remate do mes de setembro, e ían destinadas aos alumnos matriculados nas universidades galegas en estudos de grao, licenciados, enxeñeiros, arquitectos, diplomados, mestres, enxeñeiros técnicos ou arquitectos técnicos. Os solicitantes deben ser españois ou nacionalizados dentro de Unión Europa, e haber obtido ao longo da carreira unha media igual a partir do convenio de colaboración firmado entre a consellería e as universidade o 21 de febreiro de 2005. Acordo polo que os estudantes de ciencias de humanidades, experimentais, da saúde, e de sociais e xurídicas deben ter 2,7 puntos ou máis, mentres que nas ensinanzas comeza a valorarse a partir de 2 puntos. En todos os casos tamén se terá en conta o curriculo vitae dos solicitantes.

A solicitude destes premios non eran incompatibles con outros recoñecementos ou axudas. A comisión avaliadora dos candidatos está integrada por un representante da Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Educación, un membro do equipo de goberno de cada unha das universidades galegas, e o xefe do servizo de Apoio e Orientación aos Estudantes Universitaria da Consellería. Todos eles resolveran no prazo de tres meses o nome dos 62 alumnos e alumnas galardoados co premio fin de carreira.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta