Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O Colexio de Enxeñeiros e a Xunta traballan para garantir o uso de Internet na infancia

Posted by on Nov 22nd, 2009 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

O teu fillo pode consultar vigoalminuto.com porque tódolos seus contidos son seguros

O teu fillo pode consultar vigoalminuto.com porque tódolos seus contidos son seguros

A Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia colaborarán na posta en marcha de sistemas de seguridade para garantir un uso seguro da Internet na infancia e concienciar aos pais e nais sobre os usos e os riscos da rede. Así se establece nun acordo de colaboración asinado entre a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, e o decano/presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Ramón Bermúdez de Castro Olavide.

O obxectivo deste acordo é concienciar aos pais e nais sobre os usos e os riscos das TIC, así como facilitarlles os métodos de control para o uso da Internet. Deste xeito, coa finalidade de dotar a este colectivo dos medios necesarios para aprender os métodos de control do uso da Internet, realizaranse un total de 8 cursos sobre o control de contidos, manexo das ferramentas existentes e o control parental. Estas charlas, que terán unha duración de 6 a 8 horas, serán impartidas por un enxeñeiro, que analizará e mostrará os puntos vulnerables dun ordenador, así como os métodos de control das actividades realizadas (páxinas visitadas, etc.) e informará aos pais e nais da posibilidade de establecer filtros nos computadores persoais.

Dicionario Galego das TIC

No marco do presente convenio, a Xunta e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia tamén se comprometen a colaborar na promoción do Dicionario Galego das TIC, co obxectivo de dar a coñecer entre o sector e entre a sociedade en xeral esta nova ferramenta.

Para iso levaranse a cabo numerosas actividades divulgativas, entre as que destacan a promoción web, a promoción do dicionario entre o colectivo de enxeñeiros de telecomunicacións e empresas do sector e a presentación do mesmo ante os medios de comunicación e ante a sociedade.

Deste xeito, a web da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) permitirá, a través dun banner, o acceso a unha páxina especificamente creada para o Dicionario Galego das TIC, onde se poderá consultar toda a información relativa ás súas características. Así mesmo, o colectivo de enxeñeiros de telecomunicacións, as empresas do sector das TIC e as institucións ou entidades relacionadas, contarán cun mailing postal ou electrónico para dar a coñecer o novo dicionario, que tamén será presentado ante os medios de comunicación e ante a sociedade en xeral.

  • Potenciación e mellora do uso das novas tecnoloxías

Para financiar as actuacións anteriormente citadas, a Xunta de Galicia destina un total de 53.000 euros.

Trátase dun proxecto froito do convenio marco de colaboración asinado entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio para o desenvolvemento do Plan Avanza, que persegue a plena inserción do noso país na Sociedade da Información. En base a este acordo, Galicia comprométese a establecer convenios de colaboración cos colexios profesionais da nosa comunidade para o fomento da Sociedade da Información e as novas tecnoloxías.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta