Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A roupa do teu fillo ten que ser segura

Posted by on Nov 21st, 2009 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

Sen cordas axustables nin cordóns funcionais ou decorativos na zona da cabeza ou o pescozo. Esas son dúas das normas básicas que debe ter a ropa dos rapaces menores de 7 anos e que agora a Xunta quere facer entender a todos os pais galegos. A Consellería de Economía e Industria comeza unha campaña de seguridade centrada nas prendas infantís para analizar a adecuación destes produtos á normativa española e europea e proceder á retirada do mercado e a inclusión no sistema nacional de alerta máxima en caso de ser considerados perigosos para os consumidores.

Todo cun dobre obxectivo: a detección e eliminación de prendas infantís perigosas e informar aos comerciantes sobre as características que deben ter os produtos á venda, en cumprimento da normativa en materia de seguridade. Deste xeito, os comercios galegos poderán contar coas ferramentas necesarias que lles permitirán detectar as prendas infantís que entrañen riscos para os consumidores.

Incidirase sobre todo na norma UNE-EN 14682, que especifica os requisitos sobre a presenza de cordóns e cordas axustables para prendas de vestir de nenos, incluíndo disfraces e prendas de esquí, ata unha idade de 14 anos. Unha norma técnica coa que se pretende minimizar o risco de atrapamento accidental, tendo en conta a idade dos nenos e os comportamentos e actividades asociadas á mesma, así como as estatísticas de accidentes. Nestas prendas hai que ter en conta que a presenza de cordóns nas carapuchas ou no talle das prendas destinadas a nenos pequenos poden ser orixe de accidentes por atrapamento en áreas de xogos e polo seu enganche con vehículos en movemento, coas portas dun autobús ou dun ascensor.

Á hora de adquirir unha prenda infantil é importante comprobar que estea correctamente etiquetada, como mínimo, en castelán. Os produtos de confección ou de punto deben dispor dunha etiqueta de material resistente, preferiblemente de material téxtil, cosida ou fixada de xeito permanente á peza, agás en produtos de calcetaría e medias, e cando se trate de prendas que se presentan cunha envoltura, esta debe levar tamén a etiquetaxe, salvo que se permita ver claramente a da peza do seu interior.

Galicia, pioneira

Galicia é pioneira en materia de avaliación e análise de riscos de produtos industriais por ser a única autonomía do Estado que conta cun laboratorio acreditado, o Laboratorio de Consumo Galego (LGC), que, ademais de analizar os potenciais perigos dos artigos enviados por particulares ou procedentes das reclamacións efectuadas, investiga as mostras que lle envía a Inspección de consumo para avaliar se os produtos cumpren os requisitos esenciais de seguridade. O LCG analiza e controla os produtos industriais por grupos: lixivias e artigos de limpeza, electrónicos, fibras e téxtiles, material de aparatos eléctricos e pequeno electrodoméstico, xoguetes e material escolar e artigos de puericultura.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta