Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Pilar Hidalgo recibe o apoio da Xunta

Posted by on Nov 20th, 2009 y archivado abajo Deportes. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

Encontro de Pilar Hidalgo con Lete

Encontro de Pilar Hidalgo con Lete

O secretario xeral para o Deporte recibiu hoxe no seu despacho á ex triatleta galega Pilar Hidalgo, que debido a unha grave doenza cardíaca viuse na obrigación de retirarse. Na súa primeira visita a Galicia logo desta complicada decisión, reuniuse con José Ramón Lete que no momento da aparición do problema de saúde estivo pendente da coruñesa.

Pilar Hidalgo, que se proclamou campiona do mundo sub 23 en 2003, dialogou durante uns minutos co secretario xeral para o Deporte ao que estivo contándolle os diferentes proxectos nos que está involucrada e ata ambos falaron da posibilidade dunha colaboración entre ambas as partes.

Na conversación Pilar Hidalgo contoulle ao secretario xeral todo o que padeceu o 6 de setembro no transcurso do triatlón de Puigcerdá, onde estivo a piques de perder a vida debido a unha doenza cardíaca pola que tivo que ser trasladada de urxencia a un centro sanitario na que foi intervida cirurxicamente en dúas ocasións.

No encontro José Ramón Lete desexoulle sorte de cara ao seu futuro e quixo tamén renderlle tributo pola súa magnífica traxectoria coa que se converteu nunha das referencias do triatlón mundial. O secretario xeral aproveitou a ocasión para manifestarlle que a Xunta de Galicia está traballando no desenvolvemento dun programa para a reinserción laboral dos deportistas unha vez que se retiran.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta