Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu periódico digital

Contos, cantos e historias para falar de estrelas

Posted by on Nov 20th, 2009 y archivado abajo Agenda, Cultura, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no está actualmente permitido.

Se o ceo é de todos, a astronomía é a ciencia máis universal que existíu nunca e iso vexe reflectidos na culturas e tradicións de todos os pobos e na paixón que desperta. Por iso, a Universidade de Vigo e o CSIC embarcáronse nun proxecto de divulgación astronómica que mañá 21 de novembro será presentada en sociedade na Fundación Barrié: a ‘Noite de Contos e Coplas das Estrelas’, unha iniciativa que inclúe a tradución ao galego do libro ‘Cuentos de Estrellas’, de Rosa Mª Ros, e a edición do CD ‘Coplas de Estrelas’, que compila cancións tradicionais cun contexto ou inspiración relacionado co mundo da astronomía.

Astronomía e tradición popular daranse cita nesta noite coa recopilación de lendas e cancións populares relacionadas cos astros. A actividade estrela da Semana da Ciencia na Universidade que ten a peculiaridade de unir a ciencia coa cultura popular, xa que existe moita afección a astronomía en Galicia, onde hai unha ampla rede de asociacións que poñen todo o seu bo facer a disposición dos cidadáns, tres de elas en Vigo.

A iniciativa

Unha velada para todos os públicos, con música, contacontos, conferencias e algunha que outra sorpresa é que depara a Noite de Contos e Coplas das Estrelas, que arrincará mañá ás 20 horas. Ademáis da autora do libro, varios persoeiros axudarán a escenificar os contos e cantos para o público, que recibirá de balde un exemplar do libro e do CD, dos que se fixo unha tirada de 1.000 que se repartirá polas bibliotecas públicas.

En ‘Contos e Cantos das Estrelas‘ reúne 14 relatos de todo o mundo que teñen como nexo de unión o ceo e que van acompañados dunha pequena explicación científica sobre o astro ao que se refire. Ademáis, engádeselle un conto tradicional galego, ‘Recompensas e castigos divinos’, con comentarios de Ana Ulla, investigadora principal do grupo de Astronomía e Astrofísica da Universidade de Vigo.

Mentres, o CD incluirá 10 temas que tratan de levar ata as últimas consecuencias a mestura entre ciencia e cultural tradicional. O disco é o resultado dun traballo de campo de recolleita de coplas que fixesen referencia aos astros “dentro de tradición oral galega” xunco con outros tres temas de música tradicional, como a cantiga nº 100 de Afonso X O Sabio, o Alalá de Vilalba con Susana Seivane e Deneb de Berrogüeto.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta