Destacados Vigo al minuto

O 50% das reclamacións da oficina municipal do consumidor ten que ver co uso dos móbiles por parte dos adolecentes

Chus Lago e Font na presentación da campaña do Concello
Chus Lago e Font na presentación da campaña do Concello

Seis de cada dez nenos galegos de entre 10 e 15 anos xa teñen un teléfono móbil propio o que supón un 35% máis que hai cinco anos

, según os últimos datos do Instituto Nacional de Estadística. Cada vez son máis os expertos que alertan do exceso de utilización destes aparatos entre os xóvenes que cada vez con maior frecuencia utilizan o móbil para acceder a Internet, chatear con descoñecidos ou descargar contidos que, en moitas ocasións, non son apropiados.

Neste ano, máis do 50% das reclamacións recibidas pola OMIC do Concello de Vigo, corresponderon a problemas coa utilización do móbil por parte dos adolescentes vigueses. A portabilidade, o exceso de consumo, a recepción de mensaxes non solicitadas e as condicións contractuais foron os principais motivos das reclamacións.

“Que non te enganen, úsao con cabeza” é una campaña itinerante de dous meses de duración (novembro e decembro) na que a OMIC editará 60.000 trípticos informativos e 1.000 carteis que terán coma principais destinatarios á mocidade viguesa con idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos. O material gráfico distribuirase en asociacións e colectivos xuvenís da cidade, institutos de ensino obrigatorio e colexios vigueses. Asemade a campaña, que comenzará o 20 de novembro, contará con publicidade exterior: dous reloxes termómetro (un na Praza de América e outro na Travesía de Vigo), unha vitrina informativa situada na Praza de España e dous traseras de autobuses urbanos.
Doutra banda, se impartirán charlas informativas nos institutos da cidade nas que expertos na materia informarán a máis de 2.000 alumnos da Eso sobre os principais problemas dun mal uso do móbil.

A praza da farola de Urzáiz será un punto informativo da campaña. Os sábados de novembro e decembro instalaráse un stand coa imaxe da campaña e cunha azafata que repartirá entre a xente xoven os trípticos informativos.

También te puede interesar