Deportes Destacados

A Xunta patrocinará a Iván Pozo para que dispute a semifinal mundial en Bouzas

Encuentro de Lete con Iván Pozo y su entrenador, Amoedo
Encuentro de Lete con Iván Pozo y su entrenador, Amoedo

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, confirmoulle ao boxeador Iván Pozo o respaldo económico da Xunta de Galicia para poder disputar a semifinal do Mundial o próximo 4 de decembro en Vigo no pavillón de Bouzas.

José Ramón Lete Lasa recibiu onte ao púxil vigués, que estivo acompañado polo seu preparador Paco Amoedo, para confirmarlle o patrocinio da Xunta de Galicia nun combate no que Pozo terá a oportunidade de poder adquirir o dereito de disputar o cetro universal do peso gaio.

O secretario xeral asegurou tras a reunión mantida en Vigo que o obxectivo da Xunta é  estar ao carón do deporte galego “e especialmente dos seus protagonistas. Iván tiña a necesidade de facer un combate internacional para non perder a súa posición no ranking e manter as súas aspiracións de título e por iso non dubidamos en apoiar a pesar da época de recortes económicos”.

Iván Pozo tivo palabras de agradecemento ao respaldo da Xunta que cualificou de “vital importancia porque creron en min e tiveron a sensibilidade necesaria para poder afrontar este reto crucial para as miñas aspiracións. Loitei moito para chegar ata aquí e non quería desaproveitar esta oportunidade”.

O combate de Iván Pozo será o venres 4 de decembro no pavillón de Bouzas ante o mexicano Moledo e terá un carácter benéfico porque todos os asistentes deberán levar comida non perecedoira e un xoguete para entregalo posteriormente a unha entidade da cidade de Vigo.

También te puede interesar