vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Un xuiz de Alcorcón négalle o traslado a Vigo a unha nai coas súas fillas porque no colexio estúdase en galego

Posted by on Nov 17th, 2009 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

ConstitucióUn xulgado de Alcorcón (Madrid) négalle a unha nai o trasladado a Vigo coas súas fillas porque o ensino é en galego “y más allá del ámbito de aquella Comunidad Autónoma, no se aprecia que tenga ninguna utilidad práctica”. O portavoz do Grupo Parlementar do BNG e o irmán, e voceiro, da afectada, Manuel López Rodríguez, denunciaron o feiro de que o devandito xulgado ameace con retirarlle a nai a custodia das fillas por este motivo.

Manuel López Rodríguez relatou “o calvario o que se nos está sometendo, cunha evidente inxustiza por querer vivir en Galicia”, lamentou os prexuizos do xuíz de Alcorcón e e salientou que “as nenas están perfectamente integradas en Vigo e son felices”. Respecto á lingua galega, subliñou que “para nada tiveron ningún problema: desde pequenas escoitano na familia e enténdeno; a maior pódese acoller á exención de galego na selectividade e a pequena quitou en galego unha nota de 8,5, gústalle e mesmo empeza a falalo”.

Por iso, pediulle a todas as forzas políticas galegas é a Xunta que apoien a súa causa e, no caso da administración galega, “emita informes para que se teña en conta a opinión das rapazas, que viven felices e perfectamente integras en Vigo”.

A sentenza do Tribunal Supremo non afectará ao novo decreto do galego

No mesmo eido do idioma, o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, considera que o borrador do decreto do uso do galego na escola, que está tracexando a Xunta, non estará condicionado por la sentenza dictada polo Tribunal Supremo, negando a uns pais de Vigo o dereito a elixir o idioma no que deben estudar os seus fillos.

“É unha senteza que non afecta ao decreto que prepara o Goberno galego e que está dentro da legalidade” Sobre o dictame do Tribunal, Vázquez, que negou a discriminación por razón da lingua no sistema educativo galego, lembrou que este goberno non está a facer nada que non fixera o anterior.”Temos que dar unha resposta á cidadanía e estamos a trabajar nese senso”, subliñou, logo de reiterar que o decreto estará listo antes de que remate o ano.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2