Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Se che gusta a ciencia terás onde elexir

Posted by on Nov 17th, 2009 y archivado abajo Ciencia y Tecnología, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

Obradoiro de robótica na Universidade de Vigo.

Obradoiro de robótica na Universidade de Vigo.

En ocasións, non abonda con que che interese a ciencia, senón que tes que ver cos teus propios ollos que eres quen de traballar a prol dela. Aínda que non sempre é doado atopar o lugar no que facelo. Aí é donde aparece o papel fundamental da Universidade de Vigo, que durante a Semana da Ciencia ten en marcha obradoiros científicos para rapaces e rapazas da ESO, ademáis de colaborar con Galiciaciencia, a feira dos novos investigadores que organiza Tecnópole do 25 ao 27 de novembro e que este ano inclúe tres xornadas enteiras de inventos, propostas innovadoras e presentacións.

A feira incluirá actividades paralelas para o público en xeral, entre as que se contan sesións de divulgación a cargo de Adolf Cortel e todo tipo de obradoiros ligados á tripla celebración deste ano: o Ano Darwin, o Ano da Innovación e o Ano Internacional da Astronomía. Asemade, Galiciencia contará cun espazo especial reservado para os proxectos xurdidos ao abeiro do programa TIC-TAC, Talentos da Innovación e a Creatividade, iniciativa apoiada por FEUGA e Tecnópole co obxectivo de facilitar o contacto entre o alumnado galego de Secundario e o eido tecnolóxico-innovador das empresas punteiras do noso tecido produtivo.

Semana da Ciencia

Este ano na Semana da Ciencia 18 entidades realizarán 47 actividades que, nalgúns casos, se desenvolverán en máis dunha ocasión en diferentes localizacións para acadar maior cobertura xeográfica. Entre as entidades organizadoras atópanse as tres universidades galegas, centros tecnolóxicos, o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), asociacións, museos científicos e o Parque Tecnolóxico de Galicia, entre outros. Por tipo de actividade, a categoría cursos e obradoiros é a máis numerosa, con 10 actividades, seguido de itinerarios didácticos e excursións (4) e xornadas de portas abertas (4). Polo demais, celebraranse 3 exposicións, 2 ciclos de cine e 1 obra de teatro científico, entre outro tipo de actividades. Todo cun orzamento de 600.000 euros.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta