_agenda Agenda

Deixate guiar polo Museo do Mar

Nunca un museo deu tanto de si. O Museo do Mar vén de publicar unha guía que percorre ao longo de 120 páxinas a xeografía e o bioclima do museo e do seu entorno, con máis de 60 fotografías e debuxos que ilustran todo o que integra o recinto de Alcabre, desde a exposición permanente ata o faro ou o acuario.

Ademais de facer un percorrido virtual polo recinto, esta ‘Guía do Museo do Mar de Galicia’ contextualiza dunha forma única a historia da cidade e da ría de Vigo e explica desde unha perspectiva xeográfica e bioclimática toda a costa do seu entorno, dende as Illas Cíes ata a Illa de San Simón.

Por suposto, tamén se explica a orixe e historia do museo, desde o proxecto inicial de Aldo Rossi e a continuación de César Portela, contando cómo foi creada a parte expositiva e todas as pezas que o compoñen, desde o edificio ata a exposición permanente, sen esquecer o xardín, o peirao, a praza, o castro da punta do muíño, o faro ou o acuario. Tamén se engade a nova incorporación do Centro Arqueolóxico do Arenal – Salinae, que enriquece considerablemente a oferta museística da cidade.

Protagonismo de Vigo

A pesca ten un papel importante nas páxinas desta guía, xa que gran parte da exposición permanente está adicada a esta arte. Esta publicación enumera e nomea todas as bahías, praias, illas, penínsulas, rochas ou faron que se poden atopar ao longo da costa viguesa, ademáis de facer referencia ás diferentes aves e especies marinas que conviven na ría e que en moitos casos poden atoparse no acuario do museo.

Por tan só 5 euros podes levar a casa este libro en formato manexable, con gran calidade de impresión. Nas primeiras edicións publicarase en galego, aínda que está previsto que nun futuro se edite tamén en castelán e inglés.

También te puede interesar