Destacados Vigo al minuto

Universidade e Diputación comparten a idea de integrar Enfermería no campus de Pontevedra

Alberto Gago defendió esta propuesta ante Rafael Louzán, que la apoyó.
Alberto Gago defendió esta propuesta ante Rafael Louzán, que la apoyó.

A integración da futura escola de Enfermaría no campus de Pontevedra centrou boa parte da reunión que mantiveron este luns o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o reitor, Alberto Gago, nun encontro no que achegaron posturas en torno a diferentes cuestións da actividade universitaria na provincia de Pontevedra.
“A posición da Universidade de Vigo ante este tema é favorable á integración”, sinalou o reitor ao tempo que indicou que entre os principais obxectivos da institución está atopar espazos dispoñibles para albergar o grado de Enfermería e todos os que poidan vir coa apertura do mapa de titulacións en 2010. “Necesitamos continentes”, sinalou en relación a que ansiada medida requiriría tanto un lugar físico para albergar o título coma un financiamento que soporte os gastos correntes das instalacións.

Na mesma liña o presidente da Deputación expresou a boa disposición do organismo provincial a colaborar neste proxecto xa que considera que “para mellorar a calidade educativa dos alumnos que participan na escola de enfermaría é indispensable que esta teña unha dependencia total e única da Universidade de Vigo, en convenio coa Consellería de Educación e a Consellería de Sanidade”.

  • Enoloxía, posible mestrado entre Pontevedra e Ourense

A posibilidade de que o campus de Pontevedra poida acoller algún tipo de formación en Enoloxía foi outro dos eixes da reunión. “É de xustiza ter un referente en materia de ensinanza no ámbito da enoloxía xa que agora mesmo para cursar esta especialidade hai que desprazarse ata Palencia”, sinalou Louzán, quen insistiu na importancia do desenvolvmento deste ámbito de estudo na provincia que acolle a Denominación de Orixe Rías Baixas “a maior produtora de viño de Galicia, a que ocupa máis viticultores, a que dispón de maior número de bodegas, a que conta con maior superficie de cultivo e a que xera maior volume de venta de viño”. Pola súa banda, o reitor sinalou que “é unha demanda recorrente, tanto de Pontevedra como de Ourense, que non ten fácil solución”, e apuntou que a viabilidade desta especialidade, máis que pensada como grado universitario, tal vez sexa unha oferta de mestrado bianual, compartido entre Ourense e Pontevedra e enfocado á viticultura e xestión de empresas vitivinícolas.

  • Seguen os trámites para o Edificio das Artes

En referencia ao Edificio das Artes, outro dos temas tratados no Pazo Provincial, Alberto Gago confirmou que van seguir traballando para tratar de impulsar o cambio urbanístico preciso nesa parcela para poder situar nela a Universidade de Belas Artes, “un proceso administrativo que non para”, en verbas do presidente da deputación.
A actual polémica en torno a creación dun novo título e unha nova facultade de Medicina tamén se citou neste encontro se ben o reitor insistiu en que “diso non toca falar ata que se abra o mapa de titulacións no 2010”. Gago apuntou tamén que non se debe esquecer que unha nova facultade desta especialidade ten un costo estimado anual de entre 8 e 10 millóns de euros; “o máis sinxelo é e o máis simplista é dicir que se quere unha nova facultade de medicina, pero hai que ter en conta de que xeito se vai financiar”.

También te puede interesar