vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A receita electrónica destaca na I Noite da Enxeñaría Informática

Posted by on Nov 14th, 2009 y archivado abajo Ciencia y Tecnología. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

A receita electrónica facilita a vida dos pacientes

A receita electrónica facilita a vida dos pacientes

A receita electrónica do Servizo Galego de Saúde, o director do CESGA, Javier García Tobío, e o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad, foron os galardoados na I Noite da Enxeñaría Informática, organizada polo Colexio Profesional da Enxeñaría en Informática de Galicia.

O subdirector xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información no Servizo Galego de Saúde, Benigno Rosón Calvo, foi o encargado de recoller, da man da secretaría xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, o galardón Proxecto Innovador polo novo modelo de receita electrónica.

Este procedemento integra na mesma rede sanitaria a médicos e farmacéuticos, que acceden a un sistema no que reside toda a información necesaria para os actos de prescrición, homologación e dispensación. Este novo modelo permite a dispensación farmacolóxica por medios telemáticos sen necesidade de que o paciente leve a receita tradicional ás farmacias de Galicia, aportando grandes beneficios na calidade da atención sanitaria e farmacéutica aos cidadáns ao permitir reducir o número de visitas que os pacientes deben realizar para renovar receitas e homologalas.

Desde o inicio deste sistema dispensáronse, xa, máis de cinco millóns de receitas electrónicas e, actualmente, se dispensan ao día máis de 50.000 medicamentos sen necesidade de que o paciente leve a receita tradicional ás farmacias galegas. Así mesmo, xa son máis de 700 as farmacias participantes no proxecto, dun total de 1270.

O número de cidadáns que se están a beneficiar do sistema son preto de 900.000, distribuídos en 128 centros de saúde de toda a Comunidade.

Javier García Tobío, director do Centro de Supercomputación de Galicia, recibiu o premio Traxectoria Profesional. Cómpre salientar que, baixo o seu liderado, o CESGA revelouse como motor de innovación en Galicia acadando numerosos premios internacionais e establecendo relacións de traballo e alianzas de investigación cos principais centros da súa área en Europa.

Pola súa banda, o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad, veu recoñecido o seu labor en prol do colectivo informático co galardón de Colexiado de Honra. Durante a súa etapa como deputado do Partido Popular en Madrid, como voceiro nacional de Universidades, Vázquez Abad logrou que se regularan os estudos e a profesión de Enxeñaría en Informática.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de V al minuto - Vigo