vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Veciños de Meixoeiro e Cabral denuncian que as súas parroquias empréganse coma aparcamentos gratuitos por persoas que traballan no centro

Posted by on Nov 13th, 2009 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

 AparcamientoAs asociacións de veciños da Segunda Coroa denuncian que o contorno do Meixoeiro e Mercado de Cabral xa están a funcionar como aparcadoiros disuasorios. Esta situación está a colapsar o tráfico nestas zonas. e dificultando o acceso aos servizos hospitalarios e comerciaisDentro da campaña “Por unha mobilidade efectiva. En Vigo non imos esperar máis” que está a levar a cabo o movemento veciñal, esta semana tivo lugar a terceira charla-coloquio na que participaron conxuntamente directivos da FAVEC e Asociacións Veciñais que conforman a segunda coroa interurbana: Cabral, Parada – Maceiriña, Candeán e Beade.

A principal conclusión do grupo de traballo é que existen nestas parroquias zonas están sendo empregadas como aparcadoiros disuasorios de tal xeito que persoas que viven no periurbán e área metropolitana e se dirixen ao casco urbán, deixan os seus vehículos particulares nas zonas onde poden aparcar de xeito gratuíto para logo baixar ao centro ou áreas industriais compartindo vehículo ou en transporte público.

Está situación resulta especialmente grave no Centro Comercial Meixoeiro, no contorno do hospital ou mercado de Cabral, e o resultado é que estanse a colapsar estas zonas. Segundo o movemeento veciñal,esta realidade pon de manifesto a acuciante necesidade de acometer canto antes a rede de aparcadoiros disuasorios nas aforas da cidade. Un servizo que permitar á cidadanía dos barrios periféricos e área metropolitana estacionar os seus vehículos todo o día de xeito económico e logo dispoñer dun servizo áxil de transporte público para desprazarse cara ao centro e área industriais, tal e como se reflicte no Plan Xeral.

A vindeira semana comeza o cuatro grupo de traballo no que participarán as asociacións de Zamáns, Valadares, Freixo, Matama, Coruxo, Oia, Saiáns. Toda a información sobre a campaña de transporte está dispoñible nun blog aberto á participación.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator