vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Domínguez pasa o Ecuador da mellora do Casco Vello inaugurando a rúa Santiago

Posted by on Nov 12th, 2009 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

O tenente de alcalde inaugurou hoxe a reforma da rúa Santiago, salientando que este vial era dos máis degradados do barrio e non estaba servindo á efectiva unión entre a parte alta do Casco Vello e o espazo aberto que é o Paseo de Alfonso. O concelleiro asegurou que este é un paso máis na reconquista do barrio histórico e sinalou que aproximadamente o cincuenta por ciento do mesmo está xa remodelado e “recuperado para a cidadanía”.

 

rúa santiagoSantiago Domínguez, explicou que a reforma abarcou 940 metros cadrados e contou cun investimento de 385.000 euros para facer unha “completa renovación estrutural e a mellora do que non se ve“. Incorporáronse servizos públicos esenciais, como os relacionados co subministro de auga coa instalación dunha rede separada de colectores para augas pluviais e residuais, respectivamente.

Domínguez salientou tamén que, tras a reforma acometida, a rede de gas chegará a todas as vivendas da rúa e se fixo unha “axeitada distribución das bocas de rego e incendio”. Respecto ao alumeado público, instaláronse novas luminarias, que supoñen un aforro enerxético do 50% alumeando o dobre das anteriores. Finalmente, renovouse a totalidade do pavimento, que segundo afirmou, “favorecerá que o Casco Vello sexa fundamentalmente para o disfrute dos peóns”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator