vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Vigo contará cun plan de Integración Social único en Galicia

Posted by on Nov 11th, 2009 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

Vigo será a primeira cidade galega en contar cun Plan de Integración Social, Convivencia Intercultural e Cidadanía segundo anunciaron este mércores o  tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez. Os nacionalistas subliñaron que este Plan de Inmigración supón unha “aposta clara na loita pola igualdade de oportunidades e no traballo para a xente” e de aí que o plan contemple, entre outras medidas, a posta en macha dun servizo de intermediación de vivenda entre propietarios e alugueiros ou un servizo de tradución e interpretación.

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, afirmou que o número de persoas  empadroadas estranxeiras na cidade supera as 17.000, polo que Vigo é o municipio galego con maior presenza de inmigrantes. Tendo en conta estes datos, dende a  Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social considerouse a necesidade de desenvolver un plan que tivera como obxectivo “a plena integración destas persoas na nosa vida social e cultural”, segundo o tenente de alcalde.

Segundo explicou o nacionalista, a elaboración do plan fíxose partindo da “diagnose clara da situación”, de xeito que se detectaran as necesiades prioritarias do colectivo de inmigrantes, como os problemas da súa regularización, o acceso á vivenda e o acceso ao emprego. “O primeiro paso da integración é a regularización da vida de cada unha destas persoas”, subliñou o tenente de alcalde.

Para facilitar a orientación sobre a vivenda, se porá en marcha un programa de intermediación entre propietarios e alugueiros, así como un programa de aloxamento destinado ás familias recén chegadas á cidade. A estadía deste programa de acollida terá unha duración de tres meses e se desenvolverá a través das distintas entidades da cidade.

María Méndez anunciou que a través do Plan de Inmigración a Concellería de Benestar Social elaborará unha guía dos recursos da cidade, que incluirá  os servizos sociais e educativos e que se distribuirá aos colectivos de inmigrantes e ás asociacións veciñais. Asemade, a edil do BNG sinalou que se dará resposta á demanda que existe dun servizo de tradución e interpretación, sobre todo por parte das persoas procedentes de África e Asia. Neste eido lingüístico, avanzou tamén a posta en marcha de cursos de galego e castelán en colaboración co servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

Tamén en colaboración con Normalización Lingüística, María Méndez mencionou a elaboración e posta en marcha do programa “En galego tamén noutros mundos”, que desenvolverá diversas actividades neste ano e ao longo do 2010. Sinalou que este programa comezará o vindeiro sábado coa celebración da Festa Multicultural nas prazas de O Progreso e O Berbés.

Rolda de prensa de presentación Plan de Inmigracion.

Rolda de prensa de presentación Plan de Inmigracion.

María Méndez destacou que xa está en marcha o programa de convivencia intercultural, para a resolución de conflitos, e do que dependeu a contratación de tres persoas. Explicou ao respecto que é un servizo moi demandado sobre todo polos centros de ensino.

O Plan será presentado aos diversos colectivos no II Foro de Inmigración, que se celebrará o vindeiro venres 13 de novembro, ao longo de toda a xornada.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator